Conservatorio Profesional de Música da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Conservatorio Profesional de Música da Coruña (CMUS) é un centro dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia con moitos anos de tradición, que imparte os graos Elemental e Profesional, e conta na actualidade aproximadamente cuns 700 alumnos.

Está situado na Praza do Conservatorio.

Equipo directivo[editar | editar a fonte]

Na actualidade (2021) o conservatorio está rexido polo seguinte equipo directivo:[1]

  • Jesús López Prado, Director
  • Antonio Facal Rivas, Vicedirector
  • Uxía Vilar Pazos, Xefa de estudos
  • Lluis Domínguez Domínguez, Secretario
  • Antonio Facal Rivas, Coordinador do grao elemental

Departamentos[editar | editar a fonte]

O conservatorio conta cos seguintes departamentos:[2]

  • Departamento de Canto
  • Departamento de Conxunto
  • Departamento de Corda
  • Departamento de Corda Pulsada
  • Departamento de Fundamentos de Composición
  • Departamento de Instrumentos Antigos
  • Departamento de Linguaxe Musical
  • Departamento de Percusión
  • Departamento de Pianistas Acompañantes
  • Departamento de Tecla
  • Departamento de Vento-Madeira
  • Departamento de Vento-Metal

Agrupacións[editar | editar a fonte]

No conservatorio funcionan as seguintes agrupacións:[3]

  • Orquestra Sinfónica
  • Banda Sinfónica
  • Orquestra Xuvenil
  • Banda Xuvenil
  • Orquestra de Cámara de Grao Elemental
  • Orquestra Infantil
  • Coro
  • Ensemble de Guitarras e Arpas
  • Grupo de Percusión Attacca

Notas[editar | editar a fonte]