Saltar ao contido

Consello británico-irlandés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Consello británico-irlandés
Tipoorganización
Data de fundación2 de decembro de 1999
SedeEdimburgo
PaísReino Unido
Na rede
http://www.britishirishcouncil.org
Twitter: BICSecretariat Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Consello británico-irlandés (en inglés British–Irish Council, BIC) é unha Organización Internacional[1] creada baixo o Acordo de Belfast de 1998. Os seus membros comprenden:

O consello foi formalmente establecido cando o acordo británico-irlandés foi asinado o 2 de decembro de 1999. O seu obxectivo principal é "promover a harmonía e o mutuo beneficio da totalidade dos pobos das illas". O consello ten un secretariado, localizado en Edimburgo, Escocia, e realízanse reunións en sesións semestrais e en encontros ministeriais.[2]

Nome do consello

[editar | editar a fonte]

Inicialmente, suxeríronse como nomes do consello Consello das Illas Británicas ou Consello das Illas. Porén, tendo en conta a sensibilidade arredor do termo Illas Británicas, particularmente en Irlanda, aceptouse o nome Consello británico-irlandés.

O nome oficial do consello tamén é empregado nas linguas dos distintos membros:

Administración Foto Representante Título
Guernsey Peter Harwood Ministro xefe
Illa de Man Allan Bell Ministro xefe
Irlanda Enda Kenny Taoiseach
Jersey Senador Ian Gorst Ministro xefe
Irlanda do Norte Peter Robinson Primeiro Ministro
Martin McGuinness Primeiro Ministro deputado
Escocia Alex Salmond Primeiro Ministro
Reino Unido David Cameron Primeiro Ministro
Gales Carwyn Jones Primeiro Ministro
  1. Jesse, Neal G., Williams, Kristen P. (2005): Identity and institutions: conflict reduction in divided societies. SUNY Press, p. 107. ISBN 0-7914-6451-2
  2. "Scottish government website"
  3. 1/1999: AN tACHT UM CHOMHAONTÚ NA BREATAINE-NA hÉIREANN, 1999

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]