Congreso de Aquisgrán (1818)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Memorial ao Congreso de Aquisgrán de 1818

Entre o 29 de setembro e o 22 de novembro[1] de 1818 celebrouse na cidade alemá de Aquisgrán un congreso diplomático para decidir sobre a retirada do exército de ocupación de Francia e a entrada deste país no concerto das grandes nacións europeas que se vira a luz no Congreso de Viena e no Tratado de París que establecía unha nova orde europea. Coñecido como o congreso dos reis, por participaren varios monarcas nas sesións, as delegacións estaban encabezadas polo tsar Alexandre I de Rusia, acompañado por Karl Robert Nesselrode, Francisco I de Austria acompañado de Christian Günther von Bernstorff e Karl August von Hardenberg, o rei Federico Guillerme III de Prusia acompañado por Metternich, os representantes británcios eran Arthur Wellesley Wellington e Robert Castlereagh e o francés Armand Emmanuel du Plessis, duque de Richelieu. Tras acordarse a retirada de Francia conferenciouse sobre a forma a adoptar pola alianza europea e como actuar no caso dunha hipotética revolta en Francia.

Participantes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. GRAHAM, M.; GOLDSTEIN, E.; LANGHORNE, R. (2002) Guide to International Relations and Diplomacy, London:Coninuum, p. 119