Saltar ao contido

Congreso Internacional de Matemáticos de 1897

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Congreso Internacional de Matemáticos de 1897
Parte de: Congreso Internacional de Matemáticos Editar o valor en Wikidata

Instancia deacontecemento planificado Editar o valor en Wikidata
Data
Comezo9 de agosto de 1897 Editar o valor en Wikidata
Remate11 de agosto de 1897 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Precedido porsen valor e Congreso Internacional de Matemáticas Editar o valor en Wikidata
Sucedido porCongreso Internacional de Matemáticos de 1900 Editar o valor en Wikidata
Localización
LocalizaciónZürich Editar o valor en Wikidata
PaísSuíza Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

O Congreso Internacional de Matemáticos de 1897 foi o primeiro Congreso Internacional de Matemáticos celebrado en Zúric, Suíza, entre o 9 de agosto e o 11 de agosto de 1897.[1][2] Aínda que é considerado o primeiro Congreso Internacional de Matemáticos, o primeiro foi en 1893.[3]

Os matemáticos relevantes do século XIX apareceron no cartel do Congreso: Jakob Bernoulli, Johann Bernoulli, Daniel Bernoulli, Leonhard Euler e Jakob Steiner.[4] Ao congreso asistiron 208 matemáticos de 16 países, incluíndo 12 de Rusia e 7 de Estados Unidos. Só catro mulleres foron convidadas, incluíndo Iginia Massarini, Vera von Schiff, Charlotte Scott e Charlotte Wedell.

Aspectos científicos

[editar | editar a fonte]

O Comité Internacional do Congreso enviou unha invitación en xaneiro de 1897, escrita por varios matemáticos. Na circular, solicitouse que todas as preguntas sobre o Congreso fosen formuladas a Carl Friedrich Geiser, de Küsnacht-Zürich. A circular foi enviada a 2000 matemáticos e físicos matemáticos, algúns co texto en alemán e outros en francés.[5]

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

Georg Cantor foi un dos primeiros en promover conferencias matemáticas internacionais.[6] En 1888, propuxo unha reunión entre matemáticos alemáns e franceses e máis tarde, entre 1894 e 1896, contactou con varios grandes matemáticos propoñendo unha conferencia internacional.[7] Contou co apoio de Félix Klein, Heinrich Weber, Émile Lemoine e outros.[8]

Cantor propuxo que se celebrase unha conferencia en 1897, xa fose en Suíza ou en Bélxica ao decatarse de que eran necesarias opcións neutras para que os matemáticos franceses e alemáns asistisen. Porén, propuxo que a primeira conferencia real tivese lugar en París en 1900[9] mais, axiña quedou claro que das dúas opcións, Suíza era privilexiada debido á súa reputación internacional.[10] A Sociedade Matemática Alemá e a Sociedade Matemática Francesa apoiaron estas ideas e acordaron contactar con Carl Geiser en Zürich.[11]

Consecuencias

[editar | editar a fonte]

O Congreso de 1897 tivo tanto éxito que, en lugar de velo como un Congreso de proba, converteuse no primeiro Congreso Internacional de Matemáticos.[12]

  1. "The International Congress of Mathematicians". Nature (en inglés) 56 (1452): 395. 1897-08-01. Bibcode:1897Natur..56Q.395.. ISSN 1476-4687. doi:10.1038/056395a0. 
  2. Halsted, George Bruce (1897-03-19). "International Congress of Mathematicians at Zurich in 1897". Science 5 (116): 477–478. ISSN 0036-8075. PMID 17732710. doi:10.1126/science.5.116.477-a. 
  3. Moreno, Laura (2017-01-02). "Diez años de la puesta de largo de la matemática española". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-02-27. 
  4. ICM 1897 Proceedings
  5. "1897 ICM - Zurich". Maths History (en inglés). Consultado o 2022-02-27. 
  6. "Cornellians at the International Congress of Mathematicians | Department of Mathematics Cornell Arts & Sciences". math.cornell.edu. Consultado o 2022-02-27. 
  7. "HSE University Researchers to Speak at the International Congress of Mathematicians". www.hse.ru (en inglés). Consultado o 2022-02-27. 
  8. "Images des mathématiques". images.math.cnrs.fr. Consultado o 2022-02-27. 
  9. Eminger, Stefanie Ursula (2015-06-26). Carl Friedrich Geiser and Ferdinand Rudio : the men behind the first International Congress of Mathematicians (Tese) (en inglés). University of St Andrews. hdl:10023/6536. 
  10. Chatterji, S. D., ed. (1995). Proceedings of the International Congress of Mathematicians (en inglés). ISBN 978-3-0348-9897-3. doi:10.1007/978-3-0348-9078-6. 
  11. "4-33. Carl Friedrich Geiser". henripoincarepapers.univ-nantes.fr. Consultado o 2022-02-27. 
  12. Mihaljević, Helena; Roy, Marie-Françoise (2019-06-13). "A data analysis of women's trails among ICM speakers". arXiv:1903.02543.