Congreso Europeo de Turismo Industrial
![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde marzo de 2017) |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2013.) |
![]() | Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
----
![]() |
Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría. |
O Congreso Europeo de Turismo Industiral é un evento internacional dirixido a un turismo cultural centrado no patrimonio industrial, arqueoloxía industrial e visitas a empresas (a Industria Viva). Celébrase cada dous anos nunha cidade europea.
Historia do Congreso[editar | editar a fonte]
Angers 2006[editar | editar a fonte]
O I Congreso Europeo de Turismo Industrial realizouse en marzo do 2006, na cidade francesa de Angers, capital do departamento de Maine e Loira, sendo organizada polas Chambres de commerce et d'industrie francesas, o Instituto de Turismo de Angers e a Universidade de Angers.
Máis de 300 persoas, entre profesionais do turismo, organismos públicos e privados, consultores, empresas, profesores e estudantes universitarios, acudiron a este evento.
Toledo 2008[editar | editar a fonte]
A cidade de Toledo foi o lugar escollido, en novembro de 2008, para o II Congreso Europeo de Turismo Industrial.[1] A esta segunda edición acudiron máis de 400 persoas, o que demostra o interese crecente que esta temática foi granxeando. A organización estivo a cargo da Cámara de Comercio e Industria de Toledo, a Assemblée des Chambres de Françaises de Commerce et d'Industrie, a Asamblea Superior de Cámaras de Comercio e a Industria y Navegación de España.
Turín 2010[editar | editar a fonte]
O III Congreso Europeo de Turismo Industrial realizouse en outubro de 2010 na cidade de Turín, Italia, organizado pola Camere di Comercio, Industria, Artigianato e Agricoltura (CCIAA) di Torino.
São João de Madeira 2012[editar | editar a fonte]
O IV Congreso Europeo de Turismo Industrial tivo lugar en São João de Madeira, nos días 22 e 23 de novembro de 2012, na Torre da Oliva.
Ferrol 2014[editar | editar a fonte]
O V Congreso Europeo de Turismo Industrial celebrouse na cidade de Ferrol no mes de xuño de 2014, organizado pola Deputación da Coruña, a Dirección Xeral de Empresa e Industria da Comisión Europea,as Chambres de commerce et d'industrie francesas e a Cámara de Comercio e Industria de Toledo.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "II Congreso Europeo de Turismo Industrial. Fiestas". www.turismocastillalamancha.es. Consultado o 2019-03-07.
- ↑ "Ferrol acoge este martes el III Crossroads of Europe y el V Congreso Europeo de Turismo Industrial". Ferrol360 (en castelán). Consultado o 2019-03-07.