Congro americano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conger oceanicus»)
Congro americano
Conger oceanicus

Congro americano
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Elopomorpha
Orde: Anguilliformes
Suborde: Congroidei
Familia: Congridae
Subfamilia: Congrinae
Xénero: Conger
Especie: C. oceanicus
Nome binomial
Conger oceanicus
(Mitchill, 1818) [1]
Sinonimia
  • Anguilla oceanica Mitchill, 1818
  • Conger oceanica (Mitchill, 1818)

O congro americano,[2] Conger oceanicus (Mitchill, 1818), é unha especie de peixe angüiliforme da familia dos cóngridos, subfamilia dos congrinos.

Características[editar | editar a fonte]

É un congro de coloración de gris escura a verde, con pequenas pintas de cor vermella ferruxenta, que pode chegar a medir até 2 m de lonxitude e pesar ao redor dos 40 kg.[3]

Distribución[editar | editar a fonte]

É unha especie mariña, demersal (e dicir, nadadora), oceanódroma, que vive desde 1 a 477 m de profundidade, xeralmente de 75 a 150 m. Subtropical habita nas costas do Atlántico occidental (entre os 50 °N - 16 °S, e os 97 °W - 5 °W) desde o cabo Cod en Massachusetts até o nordeste de Florida, nos Estados Unidos e o norte do golfo de México. Tamén se citou cerca da illa atlántica de Santa Helena e nas costas do Canadá.[3]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Bentónico, encóntrase desde as augas costeiras pouco profundas até profundidades de 477 m e de até 260 m no golfo de Maine. Aliméntase principalmente de peixes, pero tamén de camaróns e outros crustáceos pequenos e moluscos.[3]

Pesca[editar | editar a fonte]

Comunmente captúrase por pescadores estadounidenses ao longo das costas dos estados de Atlántico medio con canas desde embarcadoiros, peiraos e á liña, desde embarcacións de baixura.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mitchill, S. L. (1818): "Description of three species of fish". Journal of the Academy of Natural Sciences, Philadelphia v. 1 (pt 2): 407-412.
  2. Lahuerta e Vázquez (2000), p. 103.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Conger oceanicus (Mitchill, 1818) en FishBase.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 190.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Robins, C. R. e C. Ray (1999): A field guide to Atlantic coast fishes of North America. Boston, U.S.A.: Houghton Mifflin Company. ISBN 978-0-395-97515-2.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]