Conferencia episcopal
Unha conferencia episcopal é, na Igrexa Católica, unha institución de carácter permanente que congrega os bispos dun determinado territorio, normalmente un estado, que exercen conxuntamente certas funcións pastorais no seu territorio.
Segundo o Código de Dereito Canónico (canon 449), "compete exclusivamente á suprema autoridade da Igrexa, escoitando aos Bispos interesados, erixir, suprimir e modificar as Conferencias dos Bispos”.
En canto á participación nas conferencias episcopais, de acordo co dereito canónico (canon 450), "Á Conferencia dos Bispos pertencen por dereito propio todos os Bispos diocesanos do territorio e os que son equiparados a eles por dereito, os Bispos coadxutores, os Bispos auxiliares e os outros Bispos titulares que exercen no mesmo territorio algún encargo especial, confiado pola Sé Apostólica ou pola Conferência dos Bispos; poden ser tamén convidados os Ordinarios doutro rito, mais tan só con voto consultivo, a non ser que os estatutos da Conferencia dos Bispos determinen outra cousa. Os outros Bispos titulares e o legado do Romano Pontífice, non son de dereito membros da Conferencia dos Bispos”.