Condados de Nova Jersey
Aparencia

Lista dos 21 condados do estado de Nova Jersey, nos Estados Unidos. Nova Jersey é o 40º por número de condados, entre Wyoming con 23 condados e Nevada con 17 condados. Durante 28 anos, entre 1674 e 1702, a área foi gobernada como dous territorios separados: Jersey do Oeste (West Jersey), co seu capital en Burlington; e Jersey do Leste (East Jersey), co seu capital en Perth Amboy. En 1702, as dúas colonias uníronse nunha soa colonia real inglesa de Nova Jersey co seu capital en Perth Amboy. Nova Jersey era unha das Trece Colonias inglesas que se rebelaron contra o goberno británico na Guerra da Independencia dos Estados Unidos. Foi o terceiro estado que ratificou a Constitución o 18 de decembro de 1787.
Lista de condados
[editar | editar a fonte]| Condado |
Código FIPS | Sede do condado[1] | Fundación[1] | Formado de[2] | Etimoloxía[3] | Poboación [1] | Superficie[1] | Mapa |
| Condado de Atlantic | 001 | Mays Landing | 1837 | Condado de Gloucester | O océano Atlántico, co que este condado limita ao leste | 274.549 | 1.738 km² (671 mi²) | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Condado de Bergen | 003 | Hackensack | 1675 | Un dos catro condados orixinais creados en Jersey do Leste | A cidade de Bergen op Zoom (Holanda) o Bergen (Noruega) | 905.116 | 640 km² (247 mi²) | |
| Condado de Burlington | 005 | Municipio de Mount Holly | 1681 | Un dos dous condados orixinais creados en Jersey do Oeste | Corrupción fonética de Bridlington, Inglaterra | 448.734 | 2.121 km² (819 mi²) | |
| Condado de Camden | 007 | Camden | 1844 | Condado de Gloucester | Charles Pratt, I conde de Camden (1714 - 1794), político inglés que apoiou a causa colonial durante a revolución americana[4] | 513.657 | 591 km² (228 mi²) | |
| Condado de Cape May | 009 | Cape May Court House | 1685 | Condado de Burlington | O explorador holandés Cornelius Jacobsen Mey (século XVII), que explorou desde a baía de Delaware ata o sur do condado | 97.265 | 945 km² (365 mi²) | |
| Condado de Cumberland | 011 | Bridgeton | 1748 | Condado de Salem | Príncipe William, duque de Cumberland (1721 - 1765), segundo fillo de Xurxo II de Inglaterra | 156.898 | 1.753 km² (677 mi²) | |
| Condado de Essex | 013 | Newark | 1675 | Un dos catro condados orixinais creados en Jersey do Leste | Condado de Essex en Inglaterra | 783.969 | 337 km² (130 mi²) | |
| Condado de Gloucester | 015 | Woodbury | 1686 | Condado de Burlington | A cidade de Gloucester, Inglaterra | 288.288 | 873 km² (337 mi²) | |
| Condado de Hudson | 017 | Jersey City | 1840 | Condado de Bergen | O explorador inglés Henry Hudson (1570 - 1611), que explorou parte da costa de Nova Jersey | 634.266 | 161 km² (62 mi²) | |
| Condado de Hunterdon | 019 | Flemington | 1714 | Condado de Burlington | O xeneral Robert Hunter (1664 - 1734), gobernador colonial de Nova Jersey entre 1710 e 1720 | 128.349 | 1.134 km² (438 mi²) | |
| Condado de Mercer | 021 | Trenton | 1838 | Condados de Burlington, Hunterdon, Middlesex e Somerset | El xeneral Hugh Mercer do Exército Continental (1726 - 1777), morto na batalla de Princeton[5] | 366.513 | 593 km² (229 mi²) | |
| Condado de Middlesex | 023 | New Brunswick | 1675 | Un dos catro condados orixinais creados en Jersey do Leste | Condado de Middlesex en Inglaterra | 809.858 | 837 km² (323 mi²) | |
| Condado de Monmouth | 025 | Freehold Borough | 1675 | Un dos catro condados orixinais creados en Jersey do Leste | A sociedade Monmouth de Rhode Island, o condado de Monmouth en Gales | 630.380 | 1.722 km² (665 mi²) | |
| Condado de Morris | 027 | Morristown | 1739 | Condado de Hunterdon | Coronel Lewis Morris (1671 - 1746), gobernador colonial de Nova Jersey na data de creación do condado[6][7] | 492.276 | 1.246 km² (481 mi²) | |
| Condado de Ocean | 029 | Toms River | 1850 | Condado de Monmouth | O océano Atlántico, co que Nova Jersey limita ao leste | 576.567 | 2.372 km² (916 mi²) | |
| Condado de Passaic | 031 | Paterson | 1837 | Condados de Bergen e Essex | "Pasaeck", palabra lenape que significa valle | 501.226 | 510 km² (197 mi²) | |
| Condado de Salem | 033 | Salem | 1681 | Un dos dous condados orixinais creados en Jersey do Oeste | Palabra en hebreo que significa paz | 66.083 | 966 km² (373 mi²) | |
| Condado de Somerset | 035 | Somerville | 1688 | Condado de Middlesex | Condado de Somerset en Inglaterra | 323.444 | 790 km² (305 mi²) | |
| Condado de Sussex | 037 | Newton | 1753 | Condado de Morris | Condado de Sussex (Inglaterra) | 149.265 | 1.388 km² (536 mi²) | |
| Condado de Union | 039 | Elizabeth | 1857 | Condado de Essex | A Unión, á que pertencía Nova Jersey na Guerra Civil Estadounidense | 536.499 | 272 km² (105 mi²) | |
| Condado de Warren | 041 | Belvidere | 1824 | Condado de Sussex | Xeneral Joseph Warren (1741 - 1775), morto na batalla de Bunker Hill | 108.692 | 940 km² (363 mi²) |
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 "NACo - Find a county". National Association of Counties. Arquivado dende o orixinal o 12-01-2008. Consultado o 25-01-2008.
- ↑ "New Jersey Formation Maps". Genealogy, Inc. Arquivado dende o orixinal o 20-01-2008. Consultado o 25-01-2008.
- ↑ "The Origin of New Jersey Place Names" (PDF). New Jersey State Library Commission. Federal Writers' Program. 1938. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16-05-2008. Consultado o 25-04-2008.
- ↑ Greenberg, Gail. A Brief History of Camden County Arquivado 23 de xuño de 2009 en Wayback Machine., Condado de Camden, Nova Jersey. Consultado o 26 de xuño de 2007.
- ↑ Mercer County History Arquivado 21 de febreiro de 2009 en Wayback Machine., State of New Jersey. Consultado o 26 de xuño de 2007.
- ↑ The Land Past and Present Arquivado 22 de agosto de 2009 en Wayback Machine., consultado o 22 de marzo de 2007.
- ↑ How did our county get its name? Arquivado 23 de febreiro de 2009 en Wayback Machine., página web de Morris County Library
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Condados de Nova Jersey |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mapas históricos de Nova Jersey Arquivado 17 de marzo de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
- Mapa de Nova Jersey (en inglés),
- Censo de poboación por condado (en inglés)