Condado de Orange (Nova York)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 41°24′N 74°19′O / 41.400, -74.317

Non confundir co condado de Orange, California.
Condado de Orange
Orange County
Condados dos Estados Unidos Flag of the United States.svg
Downtown Newburgh from Beacon.jpg
O centro da cidade de Newburgh na ribeira do río Hudson.
Map of New York highlighting Orange County.svg
Situación do condado de Orange no estado de Nova York
New York in United States.svg
Situación do estado de Nova York nos Estados Unidos
Datos xerais
Estado Nova York
Sede Goshen
Data de fundación 1 de novembro de 1683
Maior cidade Warwick
Newburgh
Características xeográficas
Área 2 170 km²
- Área terra 2 100 km² (96,8%)
- Área auga 70 km² (3,2%)
Poboación 382 226 habitantes (2017)
Densidade 182 hab/km²
Website: www.orangecountygov.com

O condado de Orange (en inglés Orange County) é un condado dos Estados Unidos situado no estado de Nova York.

O condado debe o seu nome a Guillerme III de Inglaterra, Príncipe de Orange.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A superficie do condado é de 2 170 km2, dos que 2 100 km2 son de terra, e 70 km2 (o 3,2 %) son de augas.

No ano 2017 albergaba unha poboación de 382 226 habitantes,[1] o que daba, para ese ano, unha densidade de poboación de 182 hab./km2.

A súa capital é a vila de Goshen, e as cidades con máis poboación son Warwick (31 185 habitantes en 2018),[2] e Newburgh (28 164 habitantes en 2018).[3]

Historia[editar | editar a fonte]

O condado de Orange estableceuse oficialmente o 1 de novembro de 1683, cando a daquela Provincia de Nova York dividiuse en doce condados, cada un deles nomeado para honrar a un membro da familia real británica, e o condado de Orange tomou o seu nome do Príncipe de Orange, que posteriormente se convertería no rei Guillerme III de Inglaterra. Tal e como se definiu orixinalmente o condado de Orange incluía só a parte sur do seu territorio actual, máis alá de Moodna Creek, entón formaba parte do condado veciño de Ulster.

Nesa data os únicos habitantes europeos da zona eran uns poucos colonos neerlandeses no actual condado de Rockland, e a rexión do moderno condado de Orange estaba completamente ocupada por xente nativa do pobo Munsee. Debido á súa poboación relativamente pequena, o condado orixinal de Orange non era completamente independente, e foi administrado polo antigo condado de Nova York.

Os primeiros colonos europeos na zona do condado actual chegaron en 1685. Formaban parte dunhas vinte e cinco familias de Escocia, dirixidas por David Toshach, o Laird de Monzievaird e o seu cuñado o maior (comandante) Patrick McGregor, un ex oficial do exército francés. Establecéronse nas terras altas do val do Hudson, no lugar onde o regato Moodna entra no río Hudson, hoxe coñecido como New Windsor.

En 1709, un grupo de refuxiados alemáns do Palatinado establecéronse en Newburgh. Eran protestantes dunha parte de Alemaña ao longo do Rin que sufriran durante as guerras relixiosas. O goberno da raíña Ana arranxou o paso desde Inglaterra de case 3 000 palatinos en dez barcos. Moitos asentáronse ao longo do río Hudson en campos de traballo en propiedades pertencentes a Robert Livingston. Un grupo de colonos holandeses e ingleses chegaron a Goshen en 1712. Outros inmigrantes chegaron de Irlanda; eran de ascendencia escocesa e inglesa e establecéronse alí como plantadores.

Durante a Guerra de Independencia dos Estados Unidos de América o condado foi un semilliero de activistas leais e antipatrióticos. Claudius Smith foi un activista leal cuxo equipo roubou e aterrorizou aos cidadáns; fue aforcado en Goshen en 1779 por, presuntamente, roubar e matar ao maior Nathaniel Strong; dous dos seus fillos tamén foron executados por delitos similares. A familia Mathews de Blooming Grove eran leais activos; Fletcher Mathews foi simpatizante e nalgún momento asociado de Smith,[4] e o seu irmán David Mathews foi alcalde da cidade de Nova York durante a súa ocupación británica durante toda a guerra.

En 1798, despois da Guerra da Independencia, os límites do condado de Orange cambiaron. No seu extremo sur creouse o novo condado de Rockland e, a cambio, agregóuselle unha zona ao norte de Moodna Creek, que anteriormente formaba parte do condado de Ulster. Isto causou unha reorganización da administración local, xa que a sede da capital do condado orixinal era Orangetown en 1703, pero coa reorganización territorial esta localidade estaba no condado de Rockland. Posteriormente, a capitalidade compartiuse entre Goshen, que fora o centro do gobierno da parte norte do condado de Orange, e Newburgh, que desempeñou un papel similar na área transferida do condado de Ulster. O tribunal do condado estableceuse en 1801. E non foi até 1970 cando Goshen foi establecida definitivamente como a capital do condado.

Debido a unha disputa de fronteiras entre os estados de Nova York e Nova Jersey, os límites de moitas das cidades do sur do condado non se estableceron definitivamente até o século XIX.[5][6][7]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. census.gov.
  2. Population and Housing Unit Estimates. Warwick,, New York.
  3. Population and Housing Unit Estimates. Newburgh, New York.
  4. Public Papers of George Clinton, First Governor of New York, 1777-1795, 1801-1804. 1900, páxina 634.
  5. Headly, Russel, (1908): The History of Orange County New York,[1].
  6. Skeel, Adelaide, and Barclay, David, (1900): Major Patrick MacGregorie,[2]
  7. Green, Frank Bertangue (1886): The History of Rockland County.[3]