Condado de Antigonish

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do condado de Antigonish dentro de Nova Escocia

O condado de Antigonish é un condado da provincia canadense de Nova Escocia, situado no norte da provincia, no estreito de Northumberland Strait. A sede do condado é a vila de Antigonish onde se sitúa a Saint Francis Xavier University. O condado é de lingua maioritaria inglesa pero nel está a pequena vila acadiana de Pomquet que data de 1774.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1784, creouse o condado de Sydney, establécendose as súas fronteiras o 16 de decembro de 1785. En 1818, fundouse a localidade de St. Mary's Township que tiña unha parte no condado de Sydney e outra no de Halifax. En 1822 a parte localizada en Halifax integrouse no condado de Sydney. En 1836 creouse o condado de Guysborough con parte do condado de Sydney e este mudou de nome en 1863 denominándose Antigonish, palabra de orixe micmac.