Miss Vaca (certame)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Concurso de Miss Vaca Galicia (Luar)»)
Xosé Ramón Gayoso no concurso Miss Vaca Galicia.
Cartel en Baralla.

Miss Vaca Galicia é un concurso organizado anualmente polo programa Luar da Televisión de Galicia que ten por obxecto decidir cal é a vaca máis fermosa de Galicia do ano en cuestión. A primeira edición do concurso tivo lugar en 2006.

Funcionamento do concurso[editar | editar a fonte]

O concurso consiste de dúas fases claramente diferenciadas:

  1. Inicialmente, ábrese un período para que os donos das vacas poidan postular a algunha das súas reses como "Miss Vaca" da provincia galega que representan. Posteriormente, o programa designa un xurado que selecciona a unha "Miss Vaca" por cada unha das catro provincias galegas (Provincia da Coruña, Provincia de Lugo, Provincia de Ourense, Provincia de Pontevedra), entre todas as candidaturas presentadas.
  2. Finalmente, nunha sesión do Luar, as catro vacas finalistas son presentadas ao público e sométese a votación entre os telespectadores a decisión do título de "Miss Vaca Galicia"; isto é, a vaca máis fermosa de Galicia do ano en cuestión.

Resultados dos concursos[editar | editar a fonte]

Os resultados do concurso, ano a ano, foron os seguintes. As vacas gañadoras aparecen destacadas en grosa.

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
2006 Rubia Luna Miranda Marela
2007 Bonita
2008 Preciosa
2009 Pantoja
2010 Cuca
2011 Linda
2012
2013 Galleira Lucera Roxa Xata
2014
2015
2016 Turi Toura Nogueira Rubia
2017 Preciosa Linda Muñeca Corneta
2018 Gallarda[1] Macarena Princesa Cuca
2019 Pancha Pastora Gallarda Clara
2020 Pastora Mariposa[2] Bonita Cereixa
2021 Pucha Teixa[3] Nogueira Varela
2022 Linda Cachorra Lucera Rubia
2023 Blanca Duquesa Marela Rubia

O palmarés por provincia quedaría de tal maneira

Posto Provincia Títulos
1 Lugo 11
2 A Coruña 2
3 Ourense 1
3 Pontevedra 1

Outros premios[editar | editar a fonte]

Á vez do gran premio Miss Vaca, Luar dende 2013 tamén reparte unha serie de galardóns especiais a cada unha das catro vacas participantes, sendo estes galardóns o Miss Aloumiños, Miss Poderosa, Miss Donaire e Miss Lindos Ollos facendo referencia ao trazo máis significativo de cada vaca. Os galardóns dos últimos anos repartíronse da seguinte maneira:

Miss Poderosa Miss Aloumiños Miss Donaire Miss Lindos Ollos
2013 Galleira (A Coruña) Roxa (Ourense) Lucera (Lugo) Xata (Pontevedra)
2014
2015
2016 Toura (Lugo) Turi (A Coruña) Nogueira (Ourense) Rubia (Pontevedra)
2017 Linda (Lugo) Corneta (Pontevedra) Preciosa (A Coruña) Muñeca (Ourense)
2018 Gallarda (A Coruña) Princesa (Ourense) Macarena(Lugo) Cuca (Pontevedra)
2019 Pancha (A Coruña) Clara (Pontevedra) Gallarda (Ourense) Pastora (Lugo)
2020 Pastora (A Coruña) Bonita (Ourense) Cereixa (Pontevedra) Mariposa (Lugo)
2021 Teixa (Lugo) Pucha (A Coruña) Nogueira (Ourense) Varela (Pontevedra)
2022 Rubia (Pontevedra) Cachorra (Lugo) Linda (A Coruña) Lucera (Ourense)
2023 Blanca (A Coruña) Marela (Ourense) Duquesa (Lugo) Rubia (Pontevedra)
Número de veces gañadas
Miss Poderosa Miss Aloumiños Miss Donaire Miss Lindos Ollos
A Coruña 5 2 2 0
Lugo 3 1 3 2
Ourense 0 4 3 2
Pontevedra 1 2 1 5

Cabe resaltar que ningunha Miss Donaire gañou o Miss Vaca, pola contra parece que as Miss Poderosa teñen máis posibilidades de gañar o concurso.

Miss Vaca
Miss Poderosa 6
Miss Aloumiños 1
Miss Donaire 0
Miss Lindos Ollos 2

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (23 de xuño de 2018). "Gallarda, da Coruña, proclámase Miss Vaca 2018!". crtvg.es. Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  2. Redacción (18 de xullo de 2020). "Mariposa, de Lugo, 'Miss vaca 2020". crtvg.es. Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  3. Redacción (10 de xullo de 2021). "La corguesa Teixa se corona en Miss Vaca 2021". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2021.