Concerto para piano nº 21 (Mozart)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O concerto para piano nº 21 en Do maior (K. 467) compúxoo Mozart en 1785 en Viena, deseguido do concerto para piano nº 20, é un dos seus máis coñecidos concertos para piano; consta de tres movementos:

A obra, ao contrario que a súa antecesora, máis viva e apaixonada, xoga coa calma e a maxestade:

No primeiro movemento Mozart amplía o horizonte expresivo do concerto para piano implicando o instrumento solista nunha orquestra de grande ambición e facendo interactuar os episodios melódicos coa estrutura harmónica da ópera.

O segundo movemento é o coñecido andante, unha das melodías máis coñecidas de toda a produción mozartiana, no que a cantabilidade non queda escurecida pola mudanza de ritmo, e o volume mantense nun nivel de plácida calma.

O terceiro movemento permite un remate brillante, o tema principal aparece ao final.