Concepción López Conde
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1843 A Praia (Bueu) |
Morte | 1969 O Ramal dos Galos (Bueu) |
Outros nomes | Siña Conseusión a Xuliana |
Actividade | |
Ocupación | Poxadora de peixe |
Período de actividade | 1900 ca. - 1940 ca. |
Familia | |
Cónxuxe | Manuel Dopazo Martínez |
Pais | Antonio López Troncoso e Xuliana Conde González |
Premios | |
IV Homenaxe Bueuesa Senlleira |
Concepción López Conde, mellor coñecida como Siña Conseusión a Xuliana, nada en San Martiño de Bueu en 1882 e finada no mesmo lugar en 1969, foi poxadora de peixe do concello de Bueu desde os inicios de 1900 até a década de 1940.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no lugar da Praia, na parroquia de San Martiño de Bueu en 1882, filla da tamén poxadora Xuliana Conde González e o mariñeiro Antonio López Troncoso. Foi a única filla muller do matrimonio, polo que non só herdou a casa familiar, senón tamén o negocio comezado pola nai, a cambio de coidar os proxenitores até a morte.
Casou con Manuel Dopazo Martínez a principios de 1900. Con el chegou a ter catorce fillas e fillos, das que sobreviviron seis mulleres e dous homes: Concepción, Carme, Manuela, Consuelo, María Amada, Manuel, Santiago e Josefa. Polo tanto, viviu entre o labor doméstico propio das mulleres da súa época e o traballo remunerado. O seu era o único soldo que entraba no fogar, pese a todo, os documentos oficiais estaban a nome do seu home.
Concepción conseguiu profesionalizar o oficio, acadando o recoñecemento dentro deste mundo eminentemente patriarcal, ademais de estabelecer ligazóns coas altas clases sociais do lugar: os salgadores e conserveiros Massó Hermanos, Attilio Gaggero e Juan Alonso, entre outros.
Morreu en 1969 no Ramal dos Galos despois dun longo período con demencia que lle impedía coñecer mesmo as persoas da súa contorna.
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2021, a Asociación Club Golfiños-Bueu rendeulle a IV Homenaxe Bueuesa Senlleira xunto coas súas descendentes. Ademais, dedicóuselle o número 3 do fanzine Aña[1] en marzo dese mesmo ano. En agosto dese mesmo ano saíu publicada unha pequena recensión na revista A Trabe de Ouro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Club Golfiños, Bueu (2021). "Concepción López Conde (1882-1969)". Aña. Fanzine de (des)identidades femininas de Bueu (3): 8–9.