Concepción Alfaya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Concepción Alfaya
Nacemento1886
 Madrid
Falecemento1945
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestra, etnógrafa e política
editar datos en Wikidata ]

María de la Concepción Alfaya López, nada en Madrid en 1886 e finada na mesma cidade en 1945, foi unha mestra e política española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de galegos da zona de Cangas. Rematou a carreira de Maxisterio en 1912 con premio extraordinario. Foi profesora da Escola Normal de Mestras de León e despois de Segovia (1922-1936). Foi candidata pola provincia de Pontevedra nas eleccións a Cortes Constituíntes en 1931, en representación do Partido Republicano vigués, integrado na Alianza Republicana. Foi inspectora de primeiro ensino. Dirixente de Izquierda Republicana de Segovia. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi suspendida de emprego e soldo como profesora da Normal[1] e sancionada co embargo de bens e a retención de diñeiro en metálico.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Noticias para la historia económica y social de España. Teorías económico-sociales (1800-1820), 1924.
  • Noticias sobre algunas transformaciones sociales de la post-guerra en Bélgica. Asistencia y beneficencia, 1927.
  • Los bordados populares en Segovia (con Mª Paz Alfaya López), 1930.
  • El mito y la historia.
  • Las clases sociales en Castilla.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Boletín Oficial de la Provincia de Cáceres, 16-1-1937, p 1-2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]