Concepción, Chile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConcepción, Chile
Concepción (es) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 36°49′37″S 73°03′01″O / -36.8269, -73.0503Coordenadas: 36°49′37″S 73°03′01″O / -36.8269, -73.0503
EstadoChile
RexiónRexión de Biobío
ProvinciaConcepción
ComunaConcepción (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación217.537 (2017) Editar o valor em Wikidata (5.108,9 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie42,58 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude12 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoQ5762901 Traducir (250 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
FundadorPedro de Valdivia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación1550 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Evento clave
Independência do Chile (pt) Traducir
1 de abril de 1564Siege of Concepcion (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal3349001 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico41 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webconcepcion.cl Editar o valor em Wikidata

Concepción (Es-Concepción.ogg pronunciación ) é unha cidade chilena, con 216.061 habitantes (INE 2002) e é a capital da VIII rexión de Biobío e da provincia homónima. O territorio comprendido polas comunas de Concepción, Hualpén, Talcahuano, Chiguayante, San Pedro de la Paz e Penco integran a área metropolitana de Gran Concepción, que tiña unha poboación de 889.725 habitantes no 2002.

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade foi fundada o 5 de outubro de 1550 polo conquistador español Pedro de Valdivia, baixo o nome de La Concepción de María Purísima del Nuevo Extremo. Formou parte do primeiro intento independentista de Chile, en 1810, ao mando do avogado Juan Martínez de Rozas[1] e foi a cidade capital do Reino de Chile entre os anos 1565 e 1573, quedando mantida como o centro militar e político do reino para o resto do período colonial do país[2]. Desde entón, é o centro da aglomeración rexional máis populoso do país desde os inicios do século XX, e ten como símbolo cultural a Praza da Independencia, que é o lugar onde foi feita a declaración solemne sobre a liberación chilena do realismo español.

Na comuna hai varias pontes, parques e murais. Concepción concentra as súas actividades na área de servizos e funciona como centro financeiro do Gran Concepción[3]. Ten tamén moitos colexios e universidades, entre as cales xa destacan a Universidade de Concepción, a Universidade do Bío-Bío e a Universidade Católica da Santísima Concepción[4].

Xeografía[editar | editar a fonte]

Clima[editar | editar a fonte]

Concepción está nunha zona de clima mediterráneo con influencias oceánicas, caracterizado por invernos suaves e veráns templados. A temperatura media anual é de 12,7 °C[5]. Nos meses entre maio e agosto son os máis fríos no inverno, con 10,8 °C/8,8 °C. Os veráns son moi calorosos, xaneiro posúe a media máis alta, con 16,3 °C e todos os anos supéranse os 22 °C en varias ocasións.

As precipitacións teñen unha media anual de 1130,6 mm ao ano, concentradas nos meses de maio a agosto, xuño é o mes máis chuvioso, con 241,3 mm. Hai 102 días de choiva ao ano, 2.616 horas de sol ao ano, ninguna xeada e ningún nevado na zona.

Parámetros climáticos medios de Concepción (Carriel Sur, Chile)*
mes xan feb mar abr mai xuñ xul ago set out nov dec anual
Temp. máxima media (°C) 22,1 21,8 20,3 17,9 15,3 13,4 12,9 13,6 14,9 16,6 18,7 20,9 17,37
Temp. mínima media (°C) 11,1 10,9 9,6 8,4 8 6,6 5,9 6 6,5 7,6 8,9 10,5 8,33
Precipitacións (mm) 18 15 23 69 202 241 210 137 91 64 37 24 1130,6
*Fonte:[6]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

As cidades irmandadas de Concepción:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Arquivo de don Bernardo O'Higgins, vol.I, p.68-69
  2. I. Municipalidad de Concepción. «Concepción: Una visión histórica y patrimonial Arquivado 28 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.». Consultado o 5 de xaneiro de 2014. (en castelán)
  3. SERNATUR: Región del Biobío. «Provincia de Concepción Arquivado 23 de marzo de 2013 en Wayback Machine.». Consultado o 5 de xaneiro de 2014. (en castelán)
  4. Memoria Chilena. «Universidad de Concepción (1919-1968)». Consultado o 5 de xaneiro de 2014. (en castelán)
  5. Anuario Estadístico Ciudad de Concepción 2003 de la Ilustre Municipalidad de Concepción (ligazón morta dispoñible no Internet Archive; véxase o historial e a última versión). Consultado o 18 de abril de 2017. (en castelán)
  6. Meteo Chile, Información climatológica de estaciones chilenas, December 2013 Arquivado 17 de abril de 2012 en Wayback Machine., Consultado o 2 de febreiro de 2014 (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]