A zona é accidentada e está dominada por bosques de coníferas e turbeiras. O monte constituíu tradicionalmente a base da activivade económica do concello, e a súa industria manufacturera tamén continuou a relacionarse co bosque.
Dende a fundación do concello en 1971 a tendencia da poboación foi negativa, aínda que na segunda metade da década de 2010 viuse un pequeno repunte. En decembro do ano 2024 a municipio tiña 5 417 habitantes.[1]
O concello de Vindeln é un concello interior que se atopa ao leste do condado de Västerbotten. Limita ao norte co municipio de Norsjö, ao nordés co de Skellefteå, ao leste co de Umeå, aos sur cos de Vännäs e Bjurholm, e ao leste limita co concello de Lycksele, todos eles en Västerbotten.