Vilhelmina é un concello sueco no condado de Västerbotten, na provincia histórica de Laponia. A súa capital é Vilhelmina, a única localidade do municipio.
Vilhelmina é un concello de montaña con bosques e turbeiras no leste e montañas con bosques de bidueiros e breixeiras montañosas sen árbores no oeste. O bosque e a montaña foron a base tradicional da economía local, pero no presente o sector servizos, que inclue un crecente sector turístico, domina a actividade do concello.
Con excepción de mediados dos anos 70, a poboación diminuíu constantemente desde a constitución do municipio en 1971. En decembro de 2024 Vilhelmina tiña unha poboación de 6 229 habitantes.[1]
A área do concello correspóndese coa da parroquia de Vilhelmina onde en 1874, cando se aplicou a reforma municipal de 1862 en Laponia.
No concello rural estableceuse o 23 de marzo de 1917 a localidade municipal de Vilhelmina, que sería disolta en 1947, cando se fundou o köping Vilhelmina tras separarse do municipio rural.
A reforma municipal de 1952 non cambiou ás divisións administrativas da zona, xa que nin o condado de Västerbotten nin o de Norrbotten víronse afectados por ela.[2]
No ano 1965 o concello rural incorporouse ao köping. O actual concello de Vilhelmina naceu coa reforma municipal de 1971 despois da transformación doköping de Vilhelmina.[3]