Saltar ao contido

Concello de Vallentuna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConcello de Vallentuna
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 59°35′N 18°12′L / 59.58, 18.2
EstadoSuecia
Condadocondado de Estocolmo Editar o valor en Wikidata
CapitalVallentuna (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación35.174 (2025) Editar o valor en Wikidata (95,46 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie368,45 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 1 de xaneiro de 1971:  (Reforma municipal sueca de 1971) Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Chairman of the municipal board in Vallentuna Municipality, Sweden (en) Traducir Editar o valor en WikidataParisa Liljestrand (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webvallentuna.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: vallentunakommun Twitter: VallentunaKomm LinkedIn: vallentuna-kommun Youtube: UCGyw802jft9Rqiv-ghIJlcw Editar o valor en Wikidata

Vallentuna é un municipio sueco (kommun) do condado de Estocolmo.[1] A súa capital é Vallentuna, o que converte ao concello nun dos 52 que non teñen unha antiga área urbana administrativa (cidade, köping, municipalköping ou municipalsamhälle) como capital.

A zona está formada por unha paisaxe de val de fractura rica en lagos. Nas partes máis altas esta paisaxe está cuberta de bosque, mentres que os vales están formados por solos arxilosos cultivados.

A proximidade á cidade de Estocolmo caracteriza a economía local. A principios da década de 2020 as industrias de servizos e comercio dominaban a actividade do concello.

Dende a formación do concello en 1971 a súa poboación aumentou considerablemente. En decembro de 2024 vivían en Vallentuna 35 119 persoas.[2]

Administración histórica

[editar | editar a fonte]

A área do municipio correspóndese ás parroquias de Angarn, Frösunda, Kårsta, Markim, Orkesta, Vada, Vallentuna e Össeby-Garn. Coa reforma municipal de 1862 a partir desas parroquias formáronse os municipios rurais co mesmo nome.

Coa reforma municipal de 1952 os municipios fusionáronse nos municipio rurais de Vallentuna e Össeby.

O concello de Vallentuna fundouse coa reforma de 1971 a partir dos concellos rurais de Vallentuna e Össeby.[3]

Dende a súa fundación ata o ano 1977 o concello pertenceu ao partido xudicial do oeste do condado de Estocolmo, dende 1977 ata o ano 2007 pertenceu ao partido xudicial de Södra Roslag, e dende entón ao de Attunda.[4]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello está situado na parte sur do landskap de Uppland e limita ao norte e ao nordés co municipio de Norrtälje, ao sueste co de Österåker, ao sur co de Täby, ao suroeste co de Upplands Väsby e ao noroeste co concello de Sigtuna, todos no condado de Estocolmo.

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". Statistiska centralbyrån. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-08. 
  2. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-08. 
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784. 
  4. "Södra Roslags tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 7 de outubro de 2022.