Concello de Vaggeryd
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Jönköping | ||||
| Capital | Skillingaryd (en) Vaggeryd (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 14.971 (2026) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 858,17 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) | ||||
| Sitio web | vaggeryd.se | ||||
Vaggeryd é un concello sueco no condado de Jönköping. O municipio afirma ter dúas capitais, Skillingaryd e Vaggeryd. Porén, a oficina de xestión municipal ten a súa sede en Skillingaryd.
O concello forestal de Vaggeryd está situado na meseta meridional de Suecia. A súa superficie está cuberta principalmente de bosques de coníferas, pero tamén hai moitas turbeiras, sobre todo cara ao sur. O extremo suroeste do concello forma parte do parque nacional de Store Mosse.
O municipio ten unha longa tradición industrial. Alí xurdiu unha importante industria de fabricación de mobles e vehículos a finais do século XIX e a principios da década de 2020 a fabricación de mobles continuaba tendo grande importancia.
Dende a fundación do concello en 1971 a súa poboación medrou. En decembro do ano 2024 Vaggeryd tiña 14 825 habitantes.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-04.
