Concello de Västervik
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Kalmar ![]() | ||||
Capital | Västervik (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 36.370 (2025) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 3.597,15 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Chairman of the municipal board in Västervik Municipality, Sweden (en) ![]() ![]() | Harald Hjalmarsson (en) ![]() Tomas Kronståhl (pt) ![]() Dan Nilsson (en) ![]() Harald Hjalmarsson (en) ![]() ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | vastervik.se ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Västervik é un concello sueco no condado de Kalmar. A súa capital é a localidade de Västervik.
Västervik caracterízase pola súa proximidade ao arquipélago de Tjust. A zona caracterízase por unha costa moi dentada cunha gran cantidade de illas. O interior tamén ten unha gran cantidade de lagos. A industria manufacturera, así como os servizos públicos e o turismo dominan a actividade económica local.
Dende a fundación do concello en 1971 a tendencia de poboación foi negativa, aínda que a finais da década de 2010 se viu unha pequena recuperación. En decembro do ano 2024 Västervik contaba con 36 447 habitantes.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Västervik e é o municipio máis grande de Götaland en termos de superficie no continente (o de Gotland é maior) e considérase a súa propia rexión do mercado laboral. Está situado no nordés da provincia histórica de Småland e ten o mar Báltico co arquipélago de Tjust ao leste.
O concello de Västervik limita ao sur co municipio de Oskarshamn, ao suroeste co de Vimmerby, os dous no condado de Kalmar, e tamén co concello de Kinda ao noroeste e cos de Åtvidaberg e Valdemarsvik ao norte, eses tres no condado de Östergötland. Västerviks atópase en Tjustbygden, un dos "pequenos países" tradiconais de Småland.
Topografía e hidrografía
[editar | editar a fonte]Västervik está caracterizado pola proximidade do arquipélago de Tjust. A zona caracterízase por unha costa moi dentada cunha gran cantidade de illas. O interior tamén ten unha gran variedade de lagos. A rocha núa adoita aflorar incluso no interior do municipio. Unha significativa parte da superficie son bosques de piñeiros, pero hai tamén hai grandes extensións de carballos e bidueiros, entre outras árbores. O abeto aparece ata certo punto no interior, pero é menos común na franxa costeira.
Unha parte máis pequena está cultivada. A agricultura centrouse tradicionalmente máis na gandería que na produción de cultivos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-05.