Vänersborg é un concello sueco no condado de Västra Götaland que anteriormente formaba parte do desaparecido condado de Älvsborg. A súa capiltal é a localidade de Vänersborg, que está no extremo sur do lago Vänern. Vänersborg foi a capital do condado de Älvsborg entre 1690 e 1997.
O concello está situado no noroeste da provincia histórica de Västergötland e no sueste da de Dalsland. O río Göta atravesa o municipio en dirección norte-sur. No norte e no sueste do municipio hai chairas arxilosas cultivadas con bosques e turbeiras no medio. Ao noroeste e ao sur hai mesetas.
O sector público é un empregador importante, a pesar de que as empresas de enxeñaría de alta tecnoloxía, informática e electrónica, actividades educativas e empresas de servizos están a tomar o relevo cada vez máis.
Dende a fundación do concello en 1971 a tendencia de poboación vén sendo positiva. En decembro de 2024 o municipio tiña unha poboación de 40 041 habitantes.[1]