Ulricehamn é un concello sueco no condado de Västra Götaland. ANteriormente era parte do desaparecido condado de Älvsborg. A súa capital é a localidade de Ulricehamn. En decembro de 2024 o municipio tiña unha poboación de 24 985 habitantes.[1]
O concello está situado nunha ramificación da chaira meridional de Suecia. A súa superficie está dominada por bosques, pero tamñen ten unha gran cantidade de terreos agrícolas e comparación co conxunto do país. Nos vales de fractura hai lagos como o Åsunden. No val de Ätradalen atópase o río Ulricehamnsåsen e varios cursos de auga teñen as súas zonas de orixe dentro do municipio, entre os que se atopan os Ätran, Tidan e Viskan.
A zona que conforma o municipio leva moito tempo asociada ao comercio e ao téxtil. Este último sector seguía sendo importante para a actividade económica local a principios da década de 2020.