A área que conforma o concello está dominada por terreo boscoso e agrícola, que son a base para dúas importantes actividades económicas do municipio, a silvicultura e a agricultura. Porén, estas víronse eclipsadas nos últimos anos pola industria manufactureira e o turismo.
A poboación no concello aumentou ata o ano 1980, pero a partir de entón foi decrecendo de forma constante ata mediados da década de 2010, cando a tendencia cambiou. No ano 2024 o municipio tiña unha poboación de 6 984 habitantes.[1]