Concello de Tingsryd
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | Condado de Kronoberg | ||||
| Capital | Tingsryd (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 11.863 (2026) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 1.207,25 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) | ||||
| Sitio web | tingsryd.se | ||||
Tingsryd é un concello sueco no condado de Kronoberg. A súa capital é a localidade de Tingsryd.
Tingsryd, situado nunha zona boscosa con moitos lagos, é un municipio de interior. A paisaxe é moderadamente accidentada. O terreo varía con zonas de bloques e rochas, así como con lagos forestais e pequenas turbeiras nas depresións.
As actividades económicas tradicionais como a agricultura e a silvicultura perderon importancia no século XXI. O sector industrial do municipio é multifacético e inclúe industrias de madeira, de alimentación, de plásticos e de enxeñaría, onde moitas empresas actúan como subcontratas.
A tendencia poboacional do municipio foi en xeral á baixa desde a súa formación en 1971, pero a partir do ano 2010 constatouse un certo aumento. No ano 2024 o concello tiña unha poboación de 11 966 habitantes.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-02-28.
