Concello de Tierp
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Uppsala ![]() | ||||
Capital | Tierp ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 21.104 (2024) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua sueca lingua finesa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 2.578,46 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | Hållnäs Municipality (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Presidente ![]() | Bengt-Olov Eriksson ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | tierp.se ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Tierp é un concello sueco do condado de Uppsala pertencente ás provincias históricas de Uppland e Gästrikland. A súa capital é a localidade de Tierp.
A área que conforma o concello é chá. No suroeste a as alturas son duns 70 metros sobre o nivel do mar e dende aí a superficie de rocha descende lentamente ata a costa no golfo de Botnia. O trazo topográfico máis marcado é o esker Uppsalaåsen no oeste. O municipio ten unha gran tradición industrial e a principios da década de 2020 ao redor do 20% dos empregos de Tierp estaban na industria manufactureira.
Dende a fundación do concello en 1971 a súa poboación mantívose estable, e en 2024 Tierp tiña 21 104 habitantes.[1]
Historia administrativa
[editar | editar a fonte]A área do concello cotrrespóndese coa das parroquias de Hållnäs, Söderfors, Tegelsmora, Tierp, Tolfta, Vendel, Västland e Österlövsta. Nesa parroquias creárose coa reforma municipal de 1862 concellos rurais co mesmo nome.
A localidade municipal de Tierp estableceuse no concello municipal de Tierp o 3 de agosto de 1888 e disolveuse en 1920, cando se fundou o köping de Tierp tras separarse do concello rural.
Coa reforma municipal de 1952 o municipio de Tolfta incorporouse ao köping de Tierp e o de Tegelsmora incorporouse ao concello rural de Vendel.
O concello de Tierp fundouse coa reforma municipal de 1971 a través da transformación do köping de Tierp. Ao mesmo tempo fundouse o municipio de Tierpsbygden a partir do concello rural de Tierp, e os de Vendel, Hållnäs, Österlövsta, Västland e Söderfors a partir das parroquias correspondentes. En 1974 eses concellos incorporáronse ao de Tierp.[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Tierp atópase no norte do condado de Uppsala. Ao leste limita co municipio de Östhammar, ao sur co de Uppsala, ao suroeste co de Heby e ao noroeste co de Älvkarleby, todos no condado de Uppsala. Ao oeste fai fronteira co concello de Gävle, no condado de Gävleborg. Ao norte Tierp ten costa no mar de Åland.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-02-26.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.