Concello de Tequixquiac
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | México | ||||
| Estado federado | Estado de México | ||||
| Capital | Santiago Tequixquiac | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 80,34 km² | ||||
| Altitude | 2.100 m | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 55650 | ||||
| Sitio web | tequixquiac.gob.mx | ||||
Tequixquiac é un concello ao norte do Estado de México, en México. Limita coas municipalidades de Apaxco, Hueypoxtla, Zumpango, Huehuetoca e con Atotonilco de Tula no estado de Hidalgo.[1] A súa área é de 122.32 km², e a súa poboación era de 33 907 habitantes no ano 2010. A cabeceira municipal ou sede do goberno é Santiago Tequixquiac, a segunda poboación importante é Tlapanaloya, máis conta con outras localidades como Colonia Wenceslao Labra, a ranchería de La Heredad e as facendas do Cenicero e Montero.[2]
Topónimo
[editar | editar a fonte]Tequixquiac identifícase co nome na lingua náhuatl de Tequixquiac (cfr. nahuatl actual Tequixquitl (salitre ou tequiesquite (bicarbonato de sodio co sal), atl (auga), e o sufixo de lugar -c). O seu actual nome provén do náhuatl que significa "lugar das augas salitrosas".[3]
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros poboadores de Tequixquiac foron indíxenas otomís, que decidiron establecerse neste lugar de maneira definitiva pola abundancia de ríos e mananciais. Dedicáronse principalmente á agricultura e á crianza de animais domésticos.[1]
En 1152, os aztecas no camiño até o Val de México, procedentes de Tula Xicocotitlan deciden establecerse en Tequixquiac por un curto período de tempo nun lugar chamado Tepetongo.
O 29 de novembro de 1820 fundouse o concello de Tequixquiac baixo as ordenanzas da constitución de Cádiz, durante o movemento de independencia da Nova España.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello sitúase ó norte do Estado de México, a 84 quilómetros ao norte da Cidade de México e 280 quilómetros da cidade de Toluca de Lerdo (capital do estado).[1]
Política e goberno
[editar | editar a fonte]O concello está formado por un presidente municipal ou alcalde, un síndico, un tesoureiro, un secretario da xunta e rexedores das delegacións. A elección é por representación democrática que encabezan os partidos políticos para un período de tres anos de goberno.
Alcaldes
[editar | editar a fonte]
|
Demografía
[editar | editar a fonte]
O concello de Tequixquiac ten unha poboación de 33 907 habitantes; dos que 16 794 son homes e 17 113 son mulleres. As estatistícas corresponden ao censo de poboación do ano 2010.[5]
Localidades do concello
[editar | editar a fonte]O concello ten moitas localidades e na seguinte táboa amósanse as principais parroquias.
| Localidades | Poboación |
| Total do concello | 33 907 |
| Santiago Tequixquiac | 25 430 |
| Tlapanaloya | 6 466 |
| Wenceslao Labra | 1 248 |
Cultura
[editar | editar a fonte]Conta cun bo número de manifestacións culturais e unha grande historia, polo que é coñecido como o berce da arte prehistórica de América[6].
Cóntase neste concello con algúns vestixios arqueolóxicos e arquitectónicos do seu pasado precolombiano e colonial español, sendo o recinto máis importante a igrexa ou parroquia de Santiago Apóstolo,[1] edificio barroco que conserva as súas características de deseño orixinal.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 Monografia municipal de Tequixquiac Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Arquivado 30 de abril de 2014 en Wayback Machine. Plan Municipal de Tequixquiac 2013-2015. En castelán.
- ↑ Arquivado 16 de febreiro de 2016 en Wayback Machine. Bando municipal de Tequixquiac, 1915. En castelán
- ↑ Instituto Electoral del Estado de México. "Distrito 15 Ixtlahuaca". Archived from the original on 04 de marzo de 2016. Consultado o 2 de xuño de 2011.
- ↑ "Catálogo de Localidades, SEDESOL, Tequixquiac". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 09 de abril de 2016.
- ↑ "Historia na páxina web do concello". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2017. Consultado o 22 de setembro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Concello de Tequixquiac |
