Tartu (estoniano: Tartu linn) é un concello urbano do condado de Tartu, no sur de Estonia. Está formado pola cidade de Tartu, así como a antiga parroquia de Tähtvere que limita coa cidade ao noroeste.[1] Antes da reforma administrativa de 2017, Tartu mantivo negociacións con todas as parroquias veciñas, sendo a parroquia de Tähtvere a única que accedeu á fusión. O concello queda así separado da veciña parroquia de Tartu.