Saltar ao contido

Concello de Töreboda

Modelo:Xeografía políticaConcello de Töreboda
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 58°43′00″N 14°08′00″L / 58.716666666667, 14.133333333333
EstadoSuecia
Condadocondado de Västra Götaland Editar o valor en Wikidata
CapitalTöreboda (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación9.035 (2025) Editar o valor en Wikidata (15,28 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie591,14 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Chairman of the municipal board in Töreboda Municipality, Sweden (en) Traducir Editar o valor en WikidataBengt Sjöberg (2015–2022)
Linn Brandström (en) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webtoreboda.se Editar o valor en Wikidata
Youtube: UCFnzykxL2aHn13whIQz5h7A Editar o valor en Wikidata

Töreboda é un concello sueco no condado de Västra Götaland. Anteriormente formaba parte do desaparecido condado de Skaraborg. A súa capital é a localidade de Töreboda. En decembro do ano 2024 o municipio tiña unha poboación de 9 043 habitantes.[1]

Historia administrativa

[editar | editar a fonte]

A área do concello correspóndese á das parroquias de Beateberg, Björkäng, Bäck, Bällefors, Ekeskog, Fredsberg, Fägre, Halna, Hjälstad, Mo, Sveneby, Trästena e Älgarås. Nesas parroquias fundáronse coa reforma municipal de 1862 concellos rurais co mesmo nome. A localidade municipal de Moholm estableceuse o 21 de abril de 1940 e disolveuse a finais de 1955.

A localidade municipal de Töreboda estableceuse no concello de Björkäng o 9 de novembro de 1883 e disolveuse en 1909 cando se creou o köping de Töreboda tras unha escisión do concello rural. A parte restante do concello rural incorporouse en 1939 ao köping.

Coa reforma municipal de 1952 creáronse varios grandes concellos na zona: Hova (a partir dos anteriores concellos rurais de Hova e Älgarås), Moholm (de Beateberg, Bällefors, Ekeskog, Fägre, Hjälstad, Mo, Sveneby e Trästena) e Undenäs (de Halna e Undenäs). Ao mesmo tempo os concellos rurais de Bäck e Fredsberg pasaron a formar parte do köping de Töreboda.

O actual concello de Töreboda fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir do köping de Töreboda, do concello rural de Moholm, dunha parte do de Hova (a parroquia de Älgarås) e doutra parte do de Undenäs (a parroquia de Halna).[2]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello de Töreboda está situado no nordés da provincia histórica de Västergötland e limita ao nordés co concello de Laxå, no condado de Örebro, ao leste co municipio de Karlsborg, ao sueste co de Tibro, ao suroeste co de Skövde, ao noroeste co de Mariestad e ao norte co de Gullspång, todos no condado de Västra Götaland. O río Tidan atravesa a esquina suroeste do municipio.

  1. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-06. 
  2. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.