Concello de Sundsvall
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | Condado de Västernorrland ![]() | ||||
Capital | Sundsvall ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 99.048 (2024) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua sueca lingua finesa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 4.445,86 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | Indals-Liden Municipality (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Chairman of the municipal board in Sundsvall Municipality, Sweden (en) ![]() ![]() | Peder Björk (2014–) ![]() | ||||
Sitio web | sundsvall.se ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sundsvall é un concello sueco no condado de Västernorrland. A súa capital é a cidade de Sundsvall.
A parte occidental do concello está formada por terreo montañoso, e cara o leste as alturas fanse máis baixas. A súa costa e as illa máis grandes teñen un gran interese botánico e ornitolóxico dados os prados costeiros, as baías pouco profundas, as turbeiras ricas en nutrientes e os lagos en zonas chas que aí se atopan. A través do concello flúen os ríos Ljungan e Indalsälven. En Alnön, a illa máis grande do arquipélago de Sundsvall, hai elementos de rochas volcánicas raras, a alnöita.
Tradicionalmente, Sundsvall é unha rexión comercial e industrial, dominada principalmente pola industria forestal e da madeira. Varias axencias gobernamentais tamén están situadas no municipio, sendo os maiores empregadores o departamento de TI da Axencia Sueca de Seguros Sociales, a Xunta Central de Axuda para Estudantes (CSN), a Oficina de Rexistro de Empresas Suecas e a Xunta Estatal de Pensións Ocupacionais (SPV).
Dende a fundación do concello en 1971 o número de habitantes variou, pero a tendencia foi positiva. No ano 2024 o municipio tiña unha poboación de 99 048 habitantes.[1]
Historia administrativa
[editar | editar a fonte]A área do concello coincide coa das parroquias de Alnö, Attmar, Holm, Indal, Liden, Njurunda, Selånger, Skön, Stöde, Sättna e Tuna. Coa reforma municipal de 1862 constituíronse nesas parroquias concellos rurais co mesmo nome. Na zona estaba tamén a cidade de Sundsvall, que en 1863 formou un concello urbano (stadskommun).
A localidade municipal de Skönsmon estableceuse no concello rural de Skön o 16 de outubro de 1883, e disolveuse a finais de 1947 cando a zona incorporouse á cidade de Sundsvall. O 21 de setembro de 1894 creáronse as localidades municipais de Gångviken e Skönsberg, as dúas no concello de Skön, e disolvéronse a finais de 1947 cando o concello rural se transformou no köping de Skön.
Coa reforma municipal de 1952 creáronse dous grandes concellos na zona, Selånger (a partir dos concellos de Selånger e Sättna) e Indals-Liden (a partir de Holm, Indal e Liden), mentres que os concellos rurais de Alnö, Attmar, Njurunda, Stöde e Tuna, ao igual que a cidade de Sundsvall e o köping de Skön permaneceron sen cambios. En 1962 creouse o concello rural de Matfor a partir dos de Attmar e Tuna.
No ano 1965 os concellos de Alnö e Selånger incorporáronse, xunto co köping de Skön, á cidade de Sundsvall. O actual concello de Sundsvall naceu coa reforma de 1971 a través da transformación da cidade de Sundsvall. No ano 1974 inciporáronse os concellos de Njurunda, Matfors, Indals-Liden e Stöde.[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello atópase principalmente na zona central da provincia histórica de Medelpad, pero unha pequena parte, a parroquia de Attmar, atópase en Hälsingland. O municipio ten o mar de Botnia ao leste. Ao sur limita co concello de Nordanstig, no condado de Gävleborg, ao oeste co de Ånge, en Västernorrland, e cos de Bräcke e Ragunda no condado de Jämtland. Ao norte limita cos municipios de Sollefteå e Timrå, os dous en Västernorrland.
Topografía e hidrografía
[editar | editar a fonte]Granitos e gneis dominan o leito rochoso. En Alnön, a illa máis grande do arquipélago de Sundsvall e un volcán hai 550 millóns de anos,[3] tamén hai elementos de rochas volcánicas raras, a alnöita, que é a pedra escollida para representar a provincia de Medelpad.[3]
A parte occidental do concello está formada por terreos montañosos, cubertos de morena e bosques. Cara o leste as alturas baixan e ao longo dunha zona costeira de aproximadamente 30 km de ancho, a montaña está lavada ou cuberta por sedimentos e praias de seixos.
A pouco máis de 12 quilómetros ao sur de Stöde en línea recta está o punto máis alto do municipio, Fanbyklacken. O pico Fanbyklacken alcanza os 506 metros sobre o nivel do mar. Varios picos montañosos ao redor de Liden tamén alcanzan máis de 400 metros sobre o nivel do mar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-02.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.
- ↑ 3,0 3,1 "1 A-G Alnö geologiska lokaler" (PDF). sundsvall.se. Consultado o 8 de marzo de 2025.