Concello de Strömsund
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Jämtland | ||||
| Capital | Strömsund (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 10.904 (2025) | ||||
| Lingua oficial | lingua sueca linguas saamis | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 11.780,58 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1974 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | stromsund.se | ||||
Strömsund ñe un concello sueco no condado de Jämtland. A súa capital é a localidade de Strömsund.
No noroeste do municipio hai montañas relativamente baixas mentres que que no suroeste atópase un terreo de monte rico en lagos. A agricultura e a silvicultura tradicionais desapareceron case por completo e no seu lugar medrou o sector industrial.
A tendencia de poboación dende a década de 1930 vén sendo negativa, e entre 1960 e 2015 o concello perdeu máis da metade dos seus habitantes, que en decembro de 2024 eran 11 023.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello limita ao oeste co municipio de Krokom e cos concellos noruegueses de Røyrvik e Lierne, no condado de Trøndelag, ao sur cos de Östersund e Ragunda no condado de Jämtlands, ao norte cos de Dorotea e Vilhelmina no condado de Västerbotten, e ao leste co de Sollefteå en Västernorrland. O concello atópase nas provincias históricas de Jämtland e Ångermanland, cunha pequena cuña ao norte do lago Tåsjön en Lappland.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-02.
