Saltar ao contido

Concello de Sollefteå

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConcello de Sollefteå
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 63°10′N 17°16′L / 63.17, 17.27
EstadoSuecia
CondadoCondado de Västernorrland Editar o valor en Wikidata
CapitalSollefteå (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación18.396 (2024) Editar o valor en Wikidata (3,19 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Ångermanland
Q61663749 Traducir (–2002)
Q61663701 Traducir (2002–) Editar o valor en Wikidata
Superficie5.760,82 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 1 de xaneiro de 1971:  (Reforma municipal sueca de 1971) Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Chairman of the municipal board in Sollefteå Municipality, Sweden (en) Traducir Editar o valor en WikidataQ133542681 Traducir (2002–2017)
Q133543102 Traducir (2017–2019)
Johan Andersson (en) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio websolleftea.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: sollefteakommun Instagram: sollefteakommun LinkedIn: sollefteå-kommun Youtube: UCx-esP2fO4lpIHBFVJXujYQ Editar o valor en Wikidata

Sollefteå é un concello sueco na provincia histórica de Ångermanland no condado de Västernorrland. A súa capital é a localidade de Sollefteå.

O municipio ten unha paisaxe montañosa cunha superficie lisa. Na parte noroeste do concello, en particular, existe un sistema de val de fractura en forma de cuadrícula. No suroeste hai abundantes turbeiras. Os ríos Ångermanälven e Faxälven atravesan o municipio.

As industrias forestais e de produción de electricidade dominaban a economía local a principios da década de 2020, ao igual que a administración pública. O municipio é unha das zonas máis importantes de Suecia para a produción de enerxía hidroeléctrica.

Dende a fundación do concello en 1971 a súa poboación disminuiu, pasando de 27 495 habitantes en 1970 a 18 396 en 2024.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello de Sollefteå atópase no noroeste do condado de Västernorrland e limita cos municipios de Sundsvall, Timrå, Härnösand e Kramfors ao sur, e co de Örnsköldsvik ao leste, todos eles en Västernorrland. Ao norte limita cos concellos de Dorotea e Åsele no condado de Västerbotten, e ao oeste cos de Strömsund e Ragunda no condado de Jämtland.

Economía

[editar | editar a fonte]

As industrias forestales e de produción de electricidade dominaban a actividade económica local a principios da década de 2020, ao igual que a administración pública. O municipio é unha das zonas máis importantes de Suecia para a produción de enerxía hidroeléctrica. Entre as empresas presente en Sollefteå estaban o grupo enerxético Eon Sverige e AQ Enclosure Sollefteå AB.[2][3]

O municipio tamén é unha área de interese nacional pola importancia da industria dos renos, que é designada así polo Parlamento Saami. En total, cinco aldeas saami, Jiingevaerie, Vournese, Ohredahke, Raedtievaerie e Vilhelmina Södra, teñen límites de aldeas saami que abarcan gran parte do municipio.[4]

No ano 2021 traballaban 8 345 persoas no concello, dos cales 7 442 vivían e traballaban en Sollefteå e 903 viñan doutros municipios. Ademais, outros 1 177 veciños desplazábanse a outros concellos para traballar.[5]

  1. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-02-27. 
  2. "Stora elnätssatsningar i Sollefteå kommun". www.eon.se (en sueco). Consultado o 2025-03-05. 
  3. "Sollefteå - Uppslagsverk". www.ne.se. Consultado o 2025-03-05. 
  4. "Översiktsplan för Sollefteå kommun" (PDF). solleftea.se. Consultado o 5 de marzo de 2025. 
  5. "Antal pendlare per län och kommun, 2021". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-09.