Concello de Skellefteå
| Skellefteå kommun (sv) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | Condado de Västerbotten | ||||
| Capital | Skellefteå | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 75.405 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 9.944,95 km² | ||||
| Bañado por | Skellefte älv (pt) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
| Organización política | |||||
| • Chairman of the municipal board in Skellefteå Municipality, Sweden (en) | Karl-Erik Lundström (1971–1979) Lorentz Andersson (1980–2001) Bert Öhlund (2001–2013) Lorents Burman (2013–) | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | skelleftea.se | ||||
Skellefteå é un concello sueco do condado de Västerbotten, na provincia histórica do mesmo nome. A súa capital é a cidade de Skellefteå.
O concello naceu coa reforma municipal de 1971 a través dunha transformación da cidade de Skellefteå. No ano 1974 foron incorporados os concellos de Burträsk e Lövånger. Trátase do municipio costeiro con máis superficie do país, e varios ríos, entre eles o Skellefteälven, flúen a través del. Ao redor do 80% da superficie do municipio está cuberta de bosque. O municipio ten un arquipélago con 695 illas no golfo de Botnia. A zona contén o xacemento de Skelleftefältet con mineral de ouro, prata e cobre, que é a base para a comunidade empresarial con empresas como Boliden, que a principios da década de 2020 era o maior empregador privado do municipio. Porén, o maior empregador é o propio concello.
Dende a fundación do concello en 1971 ata mediados da década dos 90 a poboación medrou. Despois a tendencia cambiou e o municipio perdeu habitantes durante os seguintes 20 anos. Dende 2015 a poboación volveu medrar, gañando uns 7 000 habitantes en 10 anos e situandose nos 78 150 en 2025.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Skellefteå limita ao norte co municipio de Piteå, e ao suroeste co de Arvidsjaur, ámbolos dous no condado de Norrbotten. Ao sur limita cos concellos de Umeå e Robertsfors, ao suroeste co de Vindeln, e ao oeste co de Norsjö, todos eles no condado de Västerbotten.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-01.
