Concello de Skövde
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Västra Götaland | ||||
| Capital | Skövde | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 58.272 (2025) | ||||
| Lingua oficial | lingua sueca lingua finesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 685,09 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | skovde.se | ||||
Skövde é un concello sueco no condado de Västra Götaland, e que anteriormente pertencía ao desaparecido condado de Skaraborg. A súa capital é a cidade de Skövde. No ano 2024 o municipio tiña unha poboación de 57 995 habitantes.[1]
Historia administrativa
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coa das parroquias de Berg, Binneberg, Böja, Edåsa, Flistad, Forsby, Frösve, Götlunda, Hagelberg, Horn, Häggum, Lerdala, Ljunghem, Locketorp, Norra Kyrketorp, Ryd, Rådene, Sjogerstad, Skövde, Suntetorp, Sventorp, Säter, Timmersdala, Vad, Varola, Våmb, Väring, Värsås e Öm. Nesas parroquias fundáronse coa reforma municipal de 1862 concellos rurais co mesmo nome, agás na de Suntetorp que fundou un concello xunto coa da Sventorp. Na zona tamén se atopaba a cidade de Skövde na que en 1863 se creou un concello urbano. O concello rural de Skövde incorporaríase en 1914 ao urbano.
A localidade municipal de Tidan estableceuse o 26 de novembro de 1937 e disolveuse ao final de 1957.
Coa reforma municipal de 1952 creáronse cinco grandes concellos na zona: Binneberg (a partir dos anteriores concellos rurais de Binneberg, Frösve, Horn, Locketorp, Säter e Väring), Skultorp (de Hagelberg, Häggum, Norra Kyrketorp, Rådene e Sjogerstad), Tidan (de Flistad, Götlunda e Vad), Timmersdala (de Berg, Böja, Lerdala e Timmersdala) e Värsås (de Edåsa, Forsby, Ljunghem, Mofalla, Sventorp, Varola e Värsås). Ao mesmo tempo os concellos rurais de Ryd, Våmb e Öm incorporáronse á cidade de Skövde.
O actual concello de Skövde naceu coa reforma municipal de 1971 a partir da cidade de Skövde, os concellos rurais de Binnebergs, Skultorps, Tidans e Timmersdala, e a parte principal do municipio de Värsås (agás a parroquia de Mofalla).[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello está situado na parte nororiental da provincia histórica de Västergötland e limita ao norte co municipio de Mariestad, ao nordés co de Töreboda, ao leste co de Tibro, ao sueste co de Hjo, ao sur co de Tidaholm, ao suroeste co de Falköping, e ao oeste cos concellos de Skara e Götene. Un tramo do río Tidan forma a fronteira co municipio de Tibro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-02.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.
