Salem é un concello sueco do condado de Estocolmo. A súa capital é a localidade de Salem, que dende un punto de vista estadístico conta como unha parte da localidade de Tumba. O concello é parte da área metropolitana de Estocolmo.
O concello de Salem, situado na parte noroeste da illa de Södertörn, caracterízase pola paisaxe de val de fractura que tamén caracteriza a toda a illa. Bornsjön, o lago máis grande de Salem (ademais do Mälaren), é unha reserva natural e funciona como fonte de auga de reserva para Estocolmo.
Salem é un concello onde predomina o sector servizos, e onde en 2022 o propio municipio era o maior empregador. O principal empregador provado ese ano era Pysslingen Förskolor och Skolor AB. Só ao redor do 1,5% dos postos de traballo do municipio están na industria manufactureira.
Dende a formación do concello no ano 1983 a poboación aumentou, contando en decembro de 2024 con 17 507 habitantes.[1]