Saltar ao contido

Concello de Piteå

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Concello de Piteå
 Nome curto
    Piteå (sv)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
 Retrouso
Det är hit man kommer när man kommer hem Editar o valor en Wikidata
 Cargo dirixente
Características
 Forma xurídica
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: chairman of the municipal board in Piteå Municipality, Sweden (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Peter Roslund (en) Traducir (1995 - 2016)
Anders Sundström (pt) Traducir (1980 - 1994)
Annie Persson (1971 - 1979)
Helena Stenberg (2017 - 2022)
Patric Lundström (2023 - ) Editar o valor en Wikidata
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
1 de xaneiro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Piteå Town (en) Traducir (1621 (Xuliano) - 1970) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Capital
Piteå (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
41.916 (2017)
42.124 (2017)
42.184 (2017)
42.111 (2018)
42.052 (2018)
42.108 (2018)
42.116 (2018)
42.203 (2019)
42.280 (2019)
42.307 (2019)
42.281 (2019)
42.247 (2020)
42.304 (2020)
42.250 (2020)
42.226 (2020)
42.191 (2021)
42.293 (2021)
42.312 (2021)
42.323 (2021)
42.334 (2022)
42.405 (2022)
42.366 (2022)
42.362 (2022)
42.401 (2023)
42.374 (2023)
42.370 (2023)
42.344 (2023)
42.329 (2024)
42.405 (2024)
42.429 (2024)
42.447 (2024)
42.337 (2025)
42.308 (2025)
42.238 (2025)
42.184 (2025)
42.191 (2026) Editar o valor en Wikidata
 Cadro de persoal
4.575 (2019)
4.525 (2017)
4.525 (2018) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
4.640,69 km²
3.086,12 km² terra
3.111,13 km²
1.554,57 km² corpo de auga Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap935490 Editar o valor en Wikidata
VIAF154774210 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000404808218 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0zv43 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+46-911-696000 Editar o valor en Wikidata
 Correo
Facebook: pitea.se Twitter: Pitea_se LinkedIn: municipality-of-pite- Youtube: UCJpBI5_vDRqOpmXVVZFcp9Q Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Piteå é un concello sueco do condado de Norrbotten. A súa capital é a localidade de Piteå.

O concello de Piteå está situado na parte sur do condado de Norrbotten, na desembocadura do río Pite na baía de Botnia. A economía do concello é moi diferenciada e baséase na industria pesada básica.

Dende a súa fundación en 1971 a súa poboación medrou, e en 2024 o concello tiña 42 447 habitantes.[1]

Historia administrativa

[editar | editar a fonte]

A área do concello correspóndese á da parroquia de Piteå, onde coa reforma municipal de 1862 fundouse un concello rural co mesmo nome. Na zona estaba tamén a cidade de Piteå, na que en 1863 formouse un concello urbano. No ano 1916 separouse do concello rural de Piteå o concello rural de Norrfjärden, e en 1918 o de Hortlax.

A reforma municipal de 1952 non afectou ás divisións administrativas da zona, xa que nin os condado de Västerbotten nin o de Norrbotten se viron afectados pola reforma.

En 1967 incorporánronse á cidade de Piteå os concellos rurais de Piteå, Norrfjärden e Hortlax. O actual concello de Piteå formouse coa reforma municipal de 1971 a través da reorganización da cidade de Piteå.[2]

O municipio solicitou en 2024 ser incluído na Área Administrativa da lingua Saami.[3]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello de Piteå atópase no sueste do condado de Norrbotten, á beira do golfo de Botnia. Ao norte limita cos municipios de Luleå e Älvsbyn, e ao oeste co de Arvidsjaur, todos eles en Norrbotten. O sur limita co concello de Skellefteå, no condado de Västerbotten.

Topografía e hidrografía

[editar | editar a fonte]

O municipio ten moitas áreas naturais. A zona de costa está formada por unha chaira cun extenso arquipélago que se estende en zonas pouco profundas. A superficie cha do leito rochoso está cuberta sobre todo de morena, moldeada polo levantamento tectónico. Os sedimentos da chaira costeira continúan cara os vales, que anteriormente estaban asolagados. Aquí os ríos foron erosionando sucos profundos con pendentes pronunciadas a medida que o terreo se levantaba. Sobre as partes máis escarpadas das ladeiras dos vales esténdese un terreo montañoso e accidentado, cuberto de bosque de coníferas e morena. Hai lagos e turbeiras nos vales alongados que atravesan o terreo montañoso e que se estenden dirección noroeste-sueste.

En total hai 212 lagos, cursos de auga e masas de auga costeira no municipio de Piteå.[4] Entre eles destacan o Bänkerträsket, un gran lago de 705 hectáreas, e o Flakaträsket, situado ao oeste da localidade de Koler.

  1. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-02-26.
  2. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.
  3. Heikki, Jörgen (2024-01-17). "Gläds åt beslutet om att Piteå vill bli samisk förvaltningskommun - Sameradion". www.sverigesradio.se (en saami setentrional). Consultado o 2025-03-09.
  4. "Sjöar och vattendrag - Natur och skog". www.pitea.se. Consultado o 2025-03-09.