Saltar ao contido

Concello de Nyköping

Concello de Nyköping
 Nome curto
    Nyköping (sv)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Retrouso
Nyköping vid havet Editar o valor en Wikidata
 Cargo dirixente
Características
 Forma xurídica
Implicados
 Xefe do goberno
Datas
 Fundación / creación
1 de xaneiro de 1971 reforma municipal sueca de 1971 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Q10429051 Traducir (1863 - 1970)
Q10680073 Traducir (1863 - 1970)
Trosa Municipality (en) Traducir (1971 - 1973)
Q10706289 Traducir (1863 - 1970)
Q10707860 Traducir (1863 - 1970)
Q10659076 Traducir (1952 - 1970)
Vagnhärad Municipality (en) Traducir (1952 - 1973)
Nyköping Town (en) Traducir (1260 - 1970)
Daga Municipality (en) Traducir (1952 - 1973)
Gnesta Municipality (en) Traducir (1971 - 1973)
Q10542154 Traducir (1952 - 1970) Editar o valor en Wikidata
 Substituído por
Concello de Trosa (1992 - )
Gnesta (municipio) (1992 - ) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Capital
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
53.385 (2014) rexistro de poboación en Suecia
55.264 (2017)
55.328 (2017)
55.467 (2017)
55.552 (2018)
55.783 (2018)
55.912 (2018)
56.011 (2018)
56.295 (2019)
56.472 (2019)
56.584 (2019)
56.591 (2019)
56.699 (2020)
56.982 (2020)
57.060 (2020)
57.071 (2020)
57.129 (2021)
57.310 (2021)
57.511 (2021)
57.633 (2021)
57.773 (2022)
57.985 (2022)
57.984 (2022)
58.021 (2022)
58.107 (2023)
58.248 (2023)
58.240 (2023)
58.200 (2023)
58.261 (2024)
58.315 (2024)
58.315 (2024)
58.344 (2024)
58.394 (2025)
58.483 (2025)
58.352 (2025)
58.310 (2025)
58.255 (2026) Editar o valor en Wikidata
 Cadro de persoal
4.625 (2019)
5.075 (2017)
5.025 (2018) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
2.066,41 km²
1.418,73 km² terra
1.487,29 km²
647,68 km² corpo de auga Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap935516 Editar o valor en Wikidata
VIAF129169463 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000405081129 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0zwdj Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+46-155-248000 Editar o valor en Wikidata
 Correo
Facebook: nykopingskommun Twitter: nykopingskommun Instagram: nykopingskommun Bluesky: nykoping.se LinkedIn: nykopingskommun Youtube: UCfoaLuQHtBTUpiLmBiQpZVg Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Nyköping é un concello sueco no condado de Södermanland.[1] A súa capital é a localidade de Nyköping, que tamén é a capital do condado. No mes de decembro de de 2024 o municipio tiña unha poboación de 58 344 habitantes.[2]

A meirande parte do concello de Nyköpings está cuberta de bosque, pero hai tamén grandes áreas de terreos agrícolas. Tamén hai terras de cultivo nas illas máis grandes do arquipélago interior. A actividade económica local apoiase sobre varios piares que inclúen a fabricación, as actividades municipais e rexionais e o aeroporto de Estocolmo-Skavsta.

Historia administrativa

[editar | editar a fonte]

A área do concello correspóndese coa das parroquias de Bergshammar, Bogsta, Bälinge, Bärbo, Halla, Helgona, Husby-Oppunda, Kila, Lid, Ludgo, Lunda, Lästringe, Nykyrka, Ripsa, Runtuna, Råby-Rånö, Sankt Nicolai (unha parte dela), Spelvik, Stigtomta, Svärta, Sättersta, Tuna, Tunaberg, Tystberga e Vrena. Nesas parroquias fundáronse coa reforma municipal de 1862 concellos rurais co mesmo nome. Na zona tamén estaba a cidade de Nyköping na que en 1863 formouse un concello urbano.

A cidade de Oxelösund separouse do municipio de Nikolai en 1950, e a área restante incorporouse simultaneamente á cidade de Nyköping.

Coa reforma municipal de 1952 creáronse varios grandes concellos na zona: Bettna (a partir dos anteriores concellos rurais de Bettna, Blacksta, Forssa, Husby-Oppunda, Vadsbro e Vrena), Jönåker (de Bergshammar, Kila, Lunda e Tuna), Rönö (de Lid, Ludgo, Ripsa, Runtuna, Råby-Rönö e Spelvik), Stigtomta (de Bärbo, Halla, Nykyrka e Stigtomta), Svärta, (de Helgona e Svärta), e Tystberga (a partir de Bogsta, Bälinge, Lästringe, Sättersta, Torsåker e Tystberga). O concello de Tunaberg e a cidade de Nyköping non se viron afectadas por esta reforma.

No ano 1967 o municipio de Svärta incorporouse á cidade. O concello de Nyköping naceu coa reforma municipal de 1971 a partir da cidade de Nyköping e dos concellos rurais de Jönåker, Rönö, Stigtomta, Tystberga e Tunaberg, así como de partes do municipio rural de Bettna (as parroquias de Vrena e Husby-Oppunda). En 1974 incorporáronse os concellos de Trosa, Vagnhärad, Daga e Gnesta. Estas áreas separáronse en 1992 e formaron o concello de Trosa e o concello de Gnesta.[3]

O 1 de xaneiro de 1992, unha área con 122 persoas foi trasladada do municipio de Nyköping e da parroquia de Lästringe ao municipio de Gnesta e á parroquia de Frustuna-Kattnäs.[4]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello está situado no sueste do landskap de Södermanland co mar Báltico ao leste. Nyköping limita ao oeste co municipio de Katrineholm, ao noroeste co de Flen, ao norte co de Gnesta, ao leste cos de Trosa e Oxelösund, todos no condado de Södermanland, e ao suroeste co de Norrköping, no condado de Östergötland. Ademais ten unha fronteira marítima co concello de Nynäshamn, no condado de Estocolmo, ao nordés.

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-12-31.
  2. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-03.
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.
  4. "Befolkningsstatistik 1991 Del 1 Folkmängden och dess förändringar i kommuner och församlingar m m" (PDF). Statistiska centralbyrån. Archived from the original on 02 de abril de 2015. Consultado o 13 de marzo de 2025.