Saltar ao contido

Concello de Norberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConcello de Norberg
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 60°05′00″N 15°57′00″L / 60.0833, 15.95
EstadoSuecia
CondadoCondado de Västmanland Editar o valor en Wikidata
CapitalNorberg (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación5.427 (2025) Editar o valor en Wikidata (12,12 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Västmanland (landskap)
Q61648264 Traducir (–1973)
Q61640444 Traducir (1974–2001)
Q61640374 Traducir (2001–) Editar o valor en Wikidata
Superficie447,7 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webnorberg.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: norbergs.kommun LinkedIn: norbergs-kommun-officiell Youtube: UCwEcu9vsD9QbDo_fEZJcjlg Editar o valor en Wikidata

Norberg é un concello sueco no condado de Västmanland.[1] A súa capital é a localidade de Norberg e no mes de decembro de 2024 o municipio tiña unha poboación de 5 452 habitantes.[2]

A paisaxe é montañosa e é rica en lagos e humedais. A superficie do concello está principalmente cuberta por morena cuberta de bosque. O leito rochoso ten grandes tramos de leptitas que conteñen minerais. A mineiría existía na zona dende a Idade Media, pero a principios da década de 2020 todas as minas estaban pechadas, dependendo a economía local da actividade de pequenas empresas.

Historia administrativa

[editar | editar a fonte]

A área do concello correspóndese coa das parroquias de Karbenning e Norberg. Nelas creáronse dous concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.

A localidade municipal de Norberg estableceuse o 30 de setembro de 1889 e disolveuse co cambio de ano 1951/1952 cando se creou o köping de Norberg pola transformación do concello rural de Norberg.

Coa reforma municipal de 1952 o concello rural de Karbenning pasou a formar parte do de Västerfärnebo , mentres que o köping permaneceu sen cambios.

O actual concello de Norberg naceu coa reforma municipal de 1971 a partir do köping de Norbergs e dunha parte que se separou do concello rural de Västerfärnebo (a parroquia de Karbenning).[3]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello está no norte do condado de Västmanland e limita cos municipios de Fagersta e Sala en Västmanland, e cos de Avesta, Hedemora e Smedjebacken no condado de Dalarna.

Topografía e hidrografía

[editar | editar a fonte]

Granito con grandes tramos de leptitas con minerais conforman a meirande parte do leito rochoso do concello. No leito rochoso hai tamén a presenza de calcaria que deu lugar a varias áreas con rica vexetación. O concello está cuberto principalmente por morena cuberta de bosque. A paisaxe é montañosa e hai moitos lagos e zonas húmidas, como a turbeira elevada de Bredmossen. A principais áreas cultivadas abertas atópanse nos vales do Svartån e Norbergsån.[4]

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-12-30. 
  2. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-13. 
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Draking. ISBN 978-91-87784-05-7. 
  4. "Norberg - Uppslagsverk - NE.se". www.ne.se. Consultado o 2022-12-31.