Nezahualcóyotl é un concello do oriente do Estado de México, en México. Limita coas municipalidades mexicanas de Chimalhuacán, Ecatepec de Morelos e con La Paz. A súa área é de 63.74km²,[1] e a súa poboación era de 1.039.867 habitantes no ano 2015.[2] A cabeceira municipal é Cidade Nezahualcóyotl.[3] O municipio foi creado en 1963 con terreos que pertencían ós municipio de Texcoco e Chimalhuacán, ocupando superficie das augas do antigo lago de Texcoco.[4] É un dos concellos con maior densidade de poboación do seu país e do propio estado ó que pertence.[1][5][6] Considerada unha cidade dormitorio polo seu carácter maioritariamente residencial, nas últimas décadas repuntou na súa capacidade económica, produción de empregos e de impacto socioeconómico nos municipios adxacentes.[7]
Oficialmente o municipio non conta cun emblema, porén, distintas administracións municipais a través dos anos basearon os seus deseños no pictograma co que era representado Nezahualcóyotl nos códices Ixtlilxóchitl, Durán e Xólotl: a cabeza dun coiote do cal pendura un pectoral real. O xentilicio é nezahualcoyotlense.[8]
↑H. Ayuntamiento de Ciudad Nezahualcóyotl. "Reseña Histórica". Nezahualcóyotl, Estado de México: H. Ayuntamiento de Ciudad Nezahualcóyotl. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2010. Consultado o 30 de deceembro de 2010.
↑Fernando de Alva Ixtlilxóchitl (2002). Nezahualcóyotl Acolmiztli (2 ed.). Estado de México, México: Instituto Mexiquense de Cultura, Universidad Autónoma del Estado de México. p.31. ISBN968-484-553-7.