Saltar ao contido

Concello de Nacka

Modelo:Xeografía políticaConcello de Nacka
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 59°19′00″N 18°10′00″L / 59.316666666667, 18.166666666667
EstadoSuecia
Condadocondado de Estocolmo Editar o valor en Wikidata
CapitalNacka Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación112.572 (2025) Editar o valor en Wikidata (873,8 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie128,83 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Chairman of the municipal board in Nacka Municipality, Sweden (en) Traducir Editar o valor en WikidataErik Langby (1983–2012)
Mats Gerdau (2013–) Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webnacka.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: Nackakommun Twitter: Nacka_kommun Instagram: nackakommun LinkedIn: nacka-kommun Youtube: UCBV-HQ0xgY29GbQVoSTJXuQ Editar o valor en Wikidata

Nacka é un concello sueco no condado de Estocolmo.[1] A súa capital é Nacka, que forma parte da área urbana da cidade de Estocolmo. Dende a fundación do concello en 1971 a tendencia de poboación ten sido moi positiva, e en decembro de 2024 o municipio tiña unha poboación de 112 112 habitantes.[2]

O municipio de Nacka caracterízase por un leito rochoso moi agrietado. As praias empinadas cara, por exemplo, Skurusundet, Lännerstasundet e Baggensfjärden, son trazos característicos neste contexto. O concello ten unha longa historia de talleres e industrias que comezou cando Gustav Vasa fixo construír un martelo mecánico en Nacka Ström na década de 1550. Porén, dende os anos 90 a economía local está dominada polas industrias de servizos e o comercio.

Historia administrativa

[editar | editar a fonte]

A área do concello correspondese coa das parroquias de Sicklaö e Boo, xunto co extremo norte da parroquia de Brännkyrka (a parte que formaba as congregacións de Erstaviks e Nacka). Coa reforma de 1862 nas primeiras dúas parroquias fundáronse os concellos rurais de Sicklaö e Bo, mentres que na parte da parroquia de Brännkyrka non se creou ningún concello de xeito formal. No ano 1888 crearíase o concello rural de Nacka a partir do de Sicklaö e desa zona en Brännkyrka.

O köping de Saltsjöbaden creouse en 1909 por unha escisión do concelo rural de Nacka. En relación coa construción da ruta marítima de Hammarbyleden, parte de Nacka foi transferida en 1930 (a finca de Hammarby e partes de Sickla e Henriksdal) á cidade de Estocolmo. En 1959 tamén pasou a formar parte de Estocolmo unha parte pequena de Nackareservatet para permitir a expansión do distrito de Bagarmossen cara ao norte.

A cidade de Nacka creouse e 1949 a través da transformación do concello rural. A reforma municipal de 1952 non afectou ás divisións da zona.

O actual concello de Nacka naceu coa reforma municipal de 1971 a partir da cidade de Nacka, o köping de Saltsjöbaden e o concello rural de Boo.[3]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello está situado principalmente na parte nordés da parovincia histórica de Södermanland, pero ten tam´´en unha parte pequena no sueste de Uppland (o distrito de Boo), e está dividido entre as illas de Södertörn e Värmdö co mar Báltico ao norte e ao sur. As baías de Saltsjön, Lilla Värtan e Höggarnsfjärden no norte e Baggensfjärden no sur están conectadas polo estreito de Skurusundet.

Nacka limita ao sur co municipio de Tyresö, ao oeste co de Estocolmo, ao noroeste co de Lidingö, ao norte co de Vaxholm e ao leste co de Värmdö, todoe eles no condado de Estocolmo.

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-12-30. 
  2. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-11. 
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.