Concello de Kungsbacka
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Halland | ||||
| Capital | Kungsbacka (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 86.399 (2026) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 1.472,93 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | kungsbacka.se | ||||
Kungsbacka é un concello sueco (kommun) do condado de Halland.[1] Pertence á área metropolitana de Gotemburgo e é membro da asociación municipal da rexión de Gotemburgo. A súa capital é a localidade de Kungsbacka. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 85 792 habitantes.[2]
O concello atópase ao longo da costa do Kattegat e a súa natureza é moi diversa. A principios da década de 2020 a actividade económica local estaba dominada polo sector público.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello está no norte do landskap de Halland. Limita ao sur co concello de Varberg no condado de Halland, ao oeste co Kattegatt, ao norte cos concellos de Gotemburgo e Mölndal, e ao leste co de Mark no condado de Västra Götaland. En dirección nordés-suroeste flúe o río Kungsbackaån, que desemboca no fiorde de Kungsbacka, e un pouco máis ao sur desemboca o río Rolfsån.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-10-05.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-07.
