Saltar ao contido

Concello de Hjo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConcello de Hjo
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 58°18′N 14°17′L / 58.3, 14.28
EstadoSuecia
Condadocondado de Västra Götaland Editar o valor en Wikidata
CapitalHjo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación9.314 (2025) Editar o valor en Wikidata (15,94 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie584,47 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Chairman of the municipal board in Hjo Municipality, Sweden (en) Traducir Editar o valor en WikidataQ126094446 Traducir (1971–1988)
Kjell Aldsten (en) Traducir (1989–1991)
Inger Johansson (en) Traducir (1992–1994)
Kjell Aldsten (en) Traducir (1995–1998)
Torbjörn Birgersson (en) Traducir (1999–2005)
Catrin Hulmarker (2006–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webhjo.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: hjokommun Instagram: kommunhjo LinkedIn: hjo-kommun Youtube: UC-ZxOzSFsql7dJaBsLCwd7A Editar o valor en Wikidata

Hjo é un municipio sueco (kommun) do condado de Västra Götaland.[1] Anteriormente pertencía ao desaparecido condado de Skaraborg. A súa capital é a localidade de Hjo. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 9 350 habitantes.[2]

Historia administrativa

[editar | editar a fonte]

A área do concello correspóndese á das parroquias de Fridene, Fågelås, Grevbäck, Hjo, Korsberga e Mofalla. Nesas parroquias formáronse coa reforma municipal de 1862 concellos rurais co mesmo nome, agás na de de Fågelås, na que se crearon dous, Norra Fågelås e Södra Fågelås. Na zona atopábase tamén a cidade de Hjo que en 1863 formou un concello urbano.

Coa reforma municipal de 1952 creáronse os grandes concellos de Fågelås (a partir dos anteriores concelos rurais de Brandstorp, Norra Fågelås e Södra Fågelås), Fröjered (de Fridene, Fröjered e Korsberga) e Värsås (de Edåsa, Forsby, Ljunghem, Mofalla, Sventorp, Varola e Värsås). Ao mesmo tempo, os municipios rurais de Grevbäck e Hjo fusionáronse coa cidade de Hjo.

O concello de Hjo naceu coa reforma municipal de 1971 a partir da cidade Hjo e dunha parte do concello rural de Värsås (a parroquia de Mofalla). En 1974 incorporouse unha parte do concello de Fågelås (as parroquias de Norra Fågelås oe Södra Fågelås) e unha parte do de Fröjered (as parroquias de Fridene e Korsberga).[3]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello esta no leste da provincia histórica de Västergötland, na ribeira oeste do lago Vättern. Hjo limita ao sur co municipio de Habo, no condado de Jönköping, ao suroeste co concello de Tidaholm, ao oeste co de Skövde, ao noroeste co de Tibro e ao norte co de Karlsborg. Ao leste o municipio ten fronteira marítima co concello de Ödeshög no condado de Östergötland e ao sueste co de Jönköping, no condado do mesmo nome.

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-01. 
  2. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-05. 
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.