Concello de Habo
| Habo kommun (sv) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Jönköping | ||||
| Capital | Habo | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 13.518 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 462,24 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
| Sitio web | habokommun.se | ||||
Habo é un municipio sueco (kommun) do condado de Jönköping.[1] A súa capital é Habo. En decembro do ano 2024 a poboación do concello era de 13 456 habitantes.[2]
A paisaxe do concello caracterízase por grandes depósitos de area e grava. No suroeste atópase a área de Stråkensjö e no norte hai unha paisaxe cambiante con cristas, outeiros, chairas e profundos kettles. Habo é un municipio onde a industria manufactureira e a administración pública dominan a economía local.
Dende a fundación co concello a tendencia da poboación vén sendo positiva, duplicándose o número de habitantes dende a fundación ata o ano 2015.
Administración histórica
[editar | editar a fonte]A área do municipio correspóndese á das parroquias de Brandstorp, Gustav Adolf e Habo. Nesa parroquias fundáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.
Coa reforma municipal de 1952 o concello de Gustav Adolf incluíuse no de Habo e o de Brandstorp no entón fundado concello rural de Fågelås.
O municipio de Habo fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir da reorganización do concello rural de Habo. En 1974 incorporouse parte do municipio de Fågelås (Brandstorp).[3]
Antes da formación do condado de Västra Götaland o 1 de xaneiro de 1998, o concello foi transferido, ao igual que o veciño municipio de Mullsjö, do condado de Skaraborg ao de Jönköping despois de que os residentes votaran a favor nun referendo consultivo. O código municipal anterior era 1623.
O concello estivo incluído dende a súa fundación no partido xudicial de Falköping, pero dende 1998 pertence ao partido xudicial de Jönköping.[4]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello está situado na parte oriental da provincia histórica de Västergötland, na beira occidental do lago Vättern. Habo limita ao noroeste co concello de Tidaholm e ao norte co de Hjo, os dous no condado de Västra Götaland. Ao sur limita co municipio de Jönköping e ao oeste co de Mullsjö, ámbolos dous no condado de Jönköping.
Topografía e hidrografía
[editar | editar a fonte]Como un resultado do derretimento da capa de xeo e do encoro do xeo dos lagos glaciares locais, a paisaxe do concello caracterízase por grandes depósitos de area e grava. Ao suroeste atópase a área de Stråkensjö, que é unha continuación do val do Tidan no veciño concello de Mullsjö. A auga do desxeo na zona depositou grandes cantidades de material que erosionaron os vales cara a depresión próxima aos límites do condado. Hökensås atópase na parte norte do municipio e alí hai cristas, outeiros, campos chans e profundos kettles, o que proporciona unha paisaxe variada.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-09.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-05.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Domsagohistorik - Falköpings tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 9 de setembro de 2022.
