Saltar ao contido

Concello de Häädemeeste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConcello de Häädemeeste
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 58°05′00″N 24°31′00″L / 58.083333, 24.516667
PaísEstonia
CondadosCondado de Pärnu Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación4.677 (2023) Editar o valor en Wikidata (9,46 hab./km²)
Xeografía
Superficie494,33 km² Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
ISO 3166-2EE-214 Editar o valor en Wikidata

Sitio webhaademeestevald.kovtp.ee Editar o valor en Wikidata

Häädemeeste (alemán: Gudmannsbach) é un concello rural situado no condado de Pärnu, no suroeste de Estonia. Häädmeeste significa literalmente "(lugar) de bos homes" en estoniano. No ano 2024 o municipio tiña unha poboación de 4 725 habitantes.[1]

A reserva natural de Nigula está situada parcialmente no municipio. O río máis longo de Häädemeeste é o Rannametsa.[2]

A vila de Tahkuranna é coñecida por ser o lugar de nacemento de Konstantin Päts, o primeiro presidente de Estonia, e hai un monumento dedicado a el preto do lugar onde naceu.[3] Tahkuranna era un concello de seu, pero o 24 de outubro de 2017 fusionouse co de Häädemeeste para formar o actual municipio.[4]

Häädemeeste está irmandado co municipio finés de Hankasalmi dende o ano 1991.[5]

O concello ten dúas pequenas vilas, Häädemeeste e Võiste, e 29 aldeas.

  1. "RV0240: Rahvastik soo, vanuse ja elukoha järgi, 1. Jaanuar". Eesti statistika (en estoniano). Consultado o 2025-04-16. 
  2. "äädemeeste valla ühisveevärgi ja –kanalisatsiooni arendamise kava aastateks 2018-2030" (PDF). riigiteataja.ee. Consultado o 13 de abril de 2025. 
  3. "Monument and memorial park devoted to Konstantin Päts, the first president of Estonia". visitestonia.com (en inglés). Consultado o 2025-04-13. 
  4. ”Kõik omavalitsuste ühinemised ja liitumised on jõustunud”. Rahandusministeerium. 13 de novembro de 2017
  5. "Suomen kuntien ystävyyskunnat Virossa". Suomi ulkomailla: Viro (en finés). Consultado o 2025-04-28. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]