Saltar ao contido

Concello de Götene

Concello de Götene
 Nome oficial
    Götene kommun (sv) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
 Cargo dirixente
Características
 Forma xurídica
Implicados
 Xefe do goberno
Datas
 Fundación / creación
1 de xaneiro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Q10512952 Traducir (1952 - 1970) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Capital
Götene (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
13.248 (2017)
13.203 (2017)
13.242 (2017)
13.244 (2018)
13.242 (2018)
13.266 (2018)
13.232 (2018)
13.257 (2019)
13.255 (2019)
13.228 (2019)
13.207 (2019)
13.203 (2020)
13.241 (2020)
13.216 (2020)
13.194 (2020)
13.189 (2021)
13.232 (2021)
13.250 (2021)
13.263 (2021)
13.276 (2022)
13.317 (2022)
13.293 (2022)
13.275 (2022)
13.231 (2023)
13.203 (2023)
13.216 (2023)
13.218 (2023)
13.217 (2024)
13.237 (2024)
13.257 (2024)
13.286 (2024)
13.244 (2025)
13.274 (2025)
13.235 (2025)
13.223 (2025)
13.227 (2026)
13.220 (2026) Editar o valor en Wikidata
 Cadro de persoal
1.175 (2019)
1.175 (2017)
1.175 (2018) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
620,71 km²
404,55 km² terra
620,71 km²
216,16 km² corpo de auga Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap935419 Editar o valor en Wikidata
VIAF142508132 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000117034416 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0yqt9 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Teléfono
+46-511-38-60-00 Editar o valor en Wikidata
 Correo
Facebook: gotene Twitter: gotenekommun Instagram: gotenekommun Bluesky: gotenekommun.bsky.social LinkedIn: gotenekommun Youtube: UCedDomTwbkgKq5y39VmXPWg Flickr: 51424470@N02 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Götene é un municipio sueco (kommun) do condado de Västra Götaland.[1] Anteriormente pertencía ao desaparecido condado de Skaraborg. A súa capital é a localidade de Götene. No ano 2024 o concello tiña unha poboación de 13 286 habitantes.[2]

Götene é un municipio claramente industrial onde máis do dobre de persoas que a media de Suecia estaban empregadas na industria manufactureira a principios da década de 2020.

Historia administrativa

[editar | editar a fonte]

A área do concello correspóndese coa das parroquias de Broby, Forshem, Fullösa, Götene, Hangelösa, Holmestad, Husaby, Kestad, Kinne-Kleva, Kinne-Vedum, Källby, Ledsjö, Medelplana, Ova, Sil, Skeby, Skälvum, Västerplana, Vättlösa e Österplana. Nesas parroquias creáronse coa reforma municipal de 1862 concellos rurais co mesmo nome.

Na zona estableceuse o 6 de agosto de 1915 a localidade municipal de Lundsbrunn e o 5 de febreiro de 1918 o concello rural de Götene.

Coa reforma municipal de 1952 creáronse na zona tres grandes concellos: Husaby (a partir dos anteriores concellos rurais de Broby, Hangelösa, Husaby, Kinne-Kleva, Källby, Ledsjö, Ova, Skeby e Skälvum), Kinnekulle (de Forshem, Fullösa, Kestad, Medelplana, Västerplana e Österplana), e o köping de Götene (de Götene, Holmestad, Kinne-Vedum, Sil e Vättlösa), disolvéndose a localidade municipal de Götene. A de Lundsbrunn disolveríase o 31 de decembro de 1957.

No ano 1967 os concellos rurais de Husaby e Kinnekulle incorporáronse ao Köping. O actual concello de Götene naceu coa reforma municipal de 1971 a través da transformación do köping.[3]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello está situado no norte do landskap de Västergötland na ribeira sur do lago Vänern. Götene limita ao leste cos municipios de Mariestad e Skövde, ao sur co de Skara e ao oeste co de Lidköping.

Topografía e hidrografía

[editar | editar a fonte]

Unha chaira agrícola fértil con solo calcario das montañas Västgötabergen ocupa a meirande parte do municipio. A meseta de Kinnekulle atópase na peniplanicie subcámbrica, é dicir, na superficie cha do leito rochoso. O leito rochoso está formado por arenito, esquife e calcaria que forman capas horizontais. Ademais, nunha área máis pequena está a dura diabase de rocha volcánica que protexeu a Kinnekulle de ser completamente erosionada. Aínda quedan algunhas minas a ceo aberto no monte que se manteñen abertas. Na capa de arenito ao suroeste atópase o gran prado de Västerplana con bosque temperado caducifolio, e no xisto de alume ao leste atópase a breixeira de Österplana, que contrasta coa terra alvar. O leito rochoso adoita formar chanzos marcados. Na parte oriental do concello está o esker Holmestadsåsen con morrenas terminais de conexión que sobresaen da chaira arxilosa. Estes testemuñan o derretemento da capa de xeo pero tamén do desprendemento da plataforma de xeo no entón Västerhavet.[4]

Conservación da natureza

[editar | editar a fonte]

En 2025 había 25 reservas naturais no concello de Götene, atopándose a maioría delas en Kinnekulle. As reservas teñen un carácter variado, xa que unhas consisten en pastos mentres que outras son ricas en especies. Unha parte teñen cantís exuberantes e algúns carballos vellos maxestosos. Un exemplo é a reserva de Mariedalsån en Lundsbrunn, que está situada nun desfiladeiro moi fermoso. As tres reservas de Varaskogen, Björkkullasand e Vara están situadas ás beiras do lago Vänern, na parte norte do municipio. Klyftamon ten un carácter salvaxe, un bosque ben desenvolvido e un mosaico de turbeiras, e está situado na parte leste de Götene.[5]

Divisións administrativas

[editar | editar a fonte]

Ata o ano 2016 para efectos de reconto de poboación o concello estaba dividido en seis congregacións: Götene, Husaby, Kinnekulle, Kleva-Sil, Källby e Ledsjö. Dende ese ano o municipio divídese en 19 distritos: Broby, Forshem, Fullösa, Götene, Hangelösa, Holmestad, Husaby, Kestad, Kinne-Kleva och Sil, Kinne-Vedum, Källby, Ledsjö, Medelplana, Ova, Skeby, Skälvum, Västerplana, Vättlösa e Österplana.[6]

Localidades

[editar | editar a fonte]

Un 64,5 por cento dos habitantes do concello vivían nalgunha das súas localidades no ano 2023, o que está moi por debaixo da media do país que ese ano era do 87,8%.[7] Ese mesmo ano había segundo a Oficina Central de Estadística de Suecia (SCB) catro localidades no concello: Götene, Hällekis, Källby e Lundsbrunn.[8]

  1. ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-22.
  2. ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-02-28.
  3. ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.
  4. ↑ "Götene - Uppslagsverk". www.ne.se. Consultado o 2025-03-23.
  5. ↑ "Naturreservat i kommunen". www.gotene.se (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2025. Consultado o 2025-03-23.
  6. ↑ "Förordning om distrikt (SFS 2015:493)" (PDF). Regeringskansliet. Consultado o 23 de marzo de 2025.
  7. ↑ "Kommuner i siffror". SCB. Consultado o 23 de marzo de 2025.
  8. ↑ "Tätorter 2023 avgränsningar och befolkning". experience.arcgis.com. Consultado o 2025-03-23.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]