Concello de Forshaga
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Värmland | ||||
| Capital | Forshaga (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 11.439 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 397,29 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
| Organización política | |||||
| • Chairman of the municipal board in Forshaga Municipality, Sweden (en) | Angelica Rage (1994–2014) Benny Pedersén (2014–2016) Per Lawén (2016–2024) Marian Gustavsson (en) | ||||
| Sitio web | forshaga.se | ||||
Forshaga é un municipio sueco (kommun) do condado de Värmland.[1] A súa capital é a localidade de Forshaga. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 11 520 habitantes.[2]
Historia administrativa
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coa das parroquias de Nedre Ullerud, Övre Ullerud e unha pequena parte da de Grava. Nesas parroquias fundáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.
No municipio rural de Grava estableceuse o 1 de novembro de 1907 a localidade municipal de Forshaga, disolta a finais do ano 1943 cando se formou o köping de Forshaga. O 22 de decembro de 1944 estableceuse a localidade municipal de Deje, disolta a finais de 1956.
Coa reforma municipal de 1952 os concellos rurais de Nedre e Övre Ullerud fusionáronse para formar o de Ullerud, mentres que o köping de Forshaga quedou sen cambios.
O actual municipio de Forshaga fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir do köping de Forshaga. En 1974 incorporaríase o concello de Ullerud.[3]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello limita ao norte co municipio de Munkfors, ao oeste cos de Sunne e Kil, ao sur co de Karlstad, e ao nordés co de Hagfors.
Topografía e hidrografía
[editar | editar a fonte]Os vales na paisaxe discorren principalmente en dirección norte-sur, o que é en parte consecuencia da natureza do leito rochoso. A pesar do leito rochoso de gneis acedo e pobre e nutrientes, hai elementos de hiperita, unha rocha escura e calcaria, que creou unha flora diversa con árbores caducifolias e herbas como a Daphne mezereum e a Actaea spicata en lugares como Örtensjöarna. O levantamento do terreo moldeou a paisaxe a través da remodelación do xeo e das ondas, con campos de croios como no lado norte de Skarsjöberget e marcas costeiras ao oeste do Svinsjön e en Trollsjöberget.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-19.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-10.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.
