Concello de Fagersta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConcello de Fagersta
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 60°00′00″N 15°49′00″L / 60, 15.8167Coordenadas: 60°00′00″N 15°49′00″L / 60, 15.8167
EstadoSuecia
CondadoCondado de Västmanland Editar o valor em Wikidata
CapitalFagersta Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación13.222 (2023) Editar o valor em Wikidata (42,59 hab./km²)
Lingua oficiallingua sueca
lingua finesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Västmanland (landskap)
Q61648264 Traducir (–1973)
Q61640444 Traducir (1974–2001)
Q61640374 Traducir (2001–) Editar o valor em Wikidata
Superficie310,42 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1971 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webfagersta.se Editar o valor em Wikidata
Facebook: fagerstakommun Twitter: fagerstakommun Instagram: jobba_i_fagersta LinkedIn: fagersta-turism Editar o valor em Wikidata

Fagersta é un municipio sueco (kommun) do condado de Västmanland.[1] A súa capital é Fagersta. No ano 2022 o concello tiña 13 326 habitantes.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

A historia de Fagersta está ata o século XX está fortemente asociada á produción de ferro e aceiro.

Fagersta ata a Idade de Ferro[editar | editar a fonte]

Na Idade de Pedra xa vivía xente no territorio do presente municipio, con varios asentamentos ocupados nese tempo. Da Idade de Ferro romana hai un pequeno campo de tumbas coñecido. Os ben conservados fornos baixos en Dunshammar, a 3 km ao sur de Ängelsberg, data desa época. Durante escavacións arqueolóxicas nos anos 70 e 80 constatouse que os fornos xa existían no século V. O mineral de ferro que se utilizaba era o chamado sjömalm (mineral do lago), e era collido no adxacente lago Åmänningen. Dunshammar é un dos lugares máis antigos de Suecia para a produción de ferro coñecidos.[3]

Produción de ferro na Idade Media[editar | editar a fonte]

Da Idade Media existen varios restos tanto da minería do ferro como de fundicións. En Semla, na canle de Strömsholm, había no século XIV varias minas e unha importante fundición. Esta pechou no século XIX, pero a actividade nas minas continuou ata a década de 1960. Incluso as importantes fundicións posteriores en Ängelsberg e Västanfors, entre outras, teñen a súa orixe na Idade Media.

Fábrica de Fagersta[editar | editar a fonte]

No río Kolbäcksån construíuse en 1611 un martinete nun lugar onde se producía ferro xa dende a Idade Media. O martelo foi o comezo da fábrica de Fagersta, e ao seu redor foi medrando unha localidade. Porén, o seu desenvolvemento foi relativamente lento, e tan só a finais dos século XIX tivo Fagersta unha grande expansión en relación coa industrialización e o desenvolvemento dos procesos de fundición do ferro. No ano 1873 fundouse Fagersta Bruks AB (a partir de 1971 Fagersta AB), unha moderna empresa industrial, que durou ata a crise do aceiro dos anos 1970, e que finalmente disolveuse en 1984. Nese ano a empresa pasou a chamarse Fagersta Stainless e centrouse na fabricación de arame, empregando a case tanta xente como a antiga Fagersta AB.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-18. 
  2. "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-18. 
  3. "Dunshammars blästerugnar". Ekomuseum Bergslagen (en sueco). Consultado o 2022-08-20. 
  4. "History – Outokumpu, Fagersta Stainless AB" (en inglés). Consultado o 2022-08-21.