Concello de Dorotea
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | Condado de Västerbotten | ||||
| Capital | Dorotea (pt) | ||||
| Escindido de | Concello de Åsele (1980) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 2.241 (2025) | ||||
| Lingua oficial | lingua sueca linguas saamis | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 2.939,86 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1980 | ||||
| Organización política | |||||
| • Chairman of the municipal board in Dorotea Municipality, Sweden (en) | Q133723987 Q133733759 Q133728866 Q133729012 Q133728905 Nicke Grahn (2001–2005) Q133677826 Greger Lindqvist (2010–2014) Q133677826 Nicke Grahn (2018–2022) Greger Lindqvist (2022–2025) Q135677424 | ||||
| Sitio web | dorotea.se | ||||
Dorotea (saami meridional: Kraapohken tjïelte e ás veces Döörten tjïelte) é un municipio sueco (kommun) do condado de Västerbotten.[1] Atópase na provincia histórica de Laponia, con pequenas partes nas de Ångermanland e Jämtland. A súa capital é a localidade de Dorotea con 1 208 habitantes en 2023, sendo o seu único núcleo urbano e vive algo máis da metade da poboación do concello, que en decembro de 2024 era de 2 294 habitantes.[2] Dorotea é o concello con menos habitantes de toda Suecia.[3]
As partes occidentais do municipio están formadas por montañas, mentres que as partes do sueste están formadas principalmente por marismas. A economía baséase principalmente na industria manufactureira, nas actividades públicas e na agricultura e silvicultura, aínda que o turismo está aumentando considerablemente.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O municipio limita ao norte co concello de Vilhelmina e ao leste co de Åsele, os dous no condado de Västerbotten, e ao sur co de Sollefteå no condado de Västernorrland e o de Strömsund no condado de Jämtland.
O concello é un dos máis meridionais do condado de Västerbottens e do landskap de Lappland. Debido a iso á veces o concello é coñecido como a porta sur de Lappland.[4]
Topografía e hidrografía
[editar | editar a fonte]Os contrafortes máis orientais dos Alpes Escandinavos, así como o pico de Norra Borgafjällen, que acada os 1 477 metros sobre o nivel do mar, conforman a zona occidental do municipio. Alí o leito rochoso está formado de amfibolita, o que significa que a vexetación das rexións alpinas componse principalmente de queiroas secas. Ao leste de Borgafjället, no límite con Vilhelmina, atópase a meseta de Blaikfjället que chega aos 724 metros de altura. Na área o leito rochoso é pobre en cal e está cuberto con grandes áreas de bosque primitivo. Unha vexetación máis rica existe por exemplo na reserva natural de Månsberget e cara ao lago Ormsjön. A área de morena en Rogenmorän, así como outeiros máis pequenos, atópanse entre as zonas alpinas. As partes do sueste do concello están formadas principalmente por marismas e son parte do lappmark de Åsele e tamén é unha ruta de migración para os renos en Blaikfjäll.[5]
Conservación natural
[editar | editar a fonte]No ano 2021 había 11 reservas naturais no municipio, das cales Blaikfjället e Gitsfjället eran as máis grandes e que ademais compartía co concello de Vilhelmina. A reserva de Stenbitshöjden esténdese ata o municipio de Åsele.[6] Tamén a reserva de Gäddsjömyran, que a xunta administrativa do condado de Västerbotten describe como "a paisaxe natural máis magnífico do condado", é compartida co municipio de Vilhelmina.[7] Na reserva de Arksjöberget pode atoparse unha flora moi variada.[8]
Divisións administrativas
[editar | editar a fonte]Ata o ano till 2016 o concello estaba dividido nunha parroquia, Dorotea-Risbäcks, para os efectos de informes de poboación. A partir dese ano o municipio divídese no seu lugar en dous distritos, Dorotea e Risbäck.[9]
Áreas urbanas
[editar | editar a fonte]No concello de Dorotea só existe unha área urbana, Dorotea, que no ano 2023 tiña 1 208 habitantes e onde vive algo máis da metade da poboación.[10]
Economía e infraestruturas
[editar | editar a fonte]A meirande parte dos empregos atópanse na capital e a economía baséase principalmente na industria manufactureira, os servizos públicos, e a agricultura e silvicultura. Unha das empresas máis grandes dentro da industria manufactureira é o fabricante de caravanas SoliferPolar, que con 75 traballadores era o principal empregador privado do concello en 2020.[11] Outras industrias e empresas coñecidas son Dorocell, Svenska Tält e S-Karosser.
O número de persoas empregadas na industria manufactureira e na industria do turismo aumentou considerablemente, mentres que o número deempregados na agricultura e na silvicultura disminuíu.[12]
A estrada 45 cruza o leste do concello. A liña férrea Inlandsbanan tamén atravesa o municipio.[12] Durante o verán o tren ten unha estación no concello.[13]
Poboación
[editar | editar a fonte]A 31 de decembro de 2024 Dorotea tiña unha poboación de 2 294 habitantes, o que o sitúa no derradeiro posto,, o 290, en termos de poboación entre os concellos de Suecia.[2]

Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-12.
- 1 2 "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-05.
- ↑ "I Sveriges minsta kommun räknas varje invånare". Vision (en sueco). 2024-05-22. Consultado o 2025-03-05.
- ↑ "Lapplands Sydport". Dorotea kommun (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2022. Consultado o 2022-08-21.
- ↑ "Dorotea - Uppslagsverk - NE.se". www.ne.se. Consultado o 2022-08-22.
- ↑ "Naturområden, naturreservat". Dorotea kommun (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2022. Consultado o 2022-09-01.
- ↑ "Gäddsjömyran". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-09-01.
- ↑ "Arksjöberget". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-09-01.
- ↑ "Förordning om distrikt (SFS 2015:493)" (PDF). Regeringskansliet. Consultado o 5 de marzo de 2025.
- ↑ "Experience". experience.arcgis.com. Consultado o 2025-03-05.
- ↑ "Din kommun i siffror". Ekonomifakta (en sueco). Consultado o 2022-09-09.
- 1 2 "Dorotea - Uppslagsverk - NE.se". www.ne.se. Consultado o 2022-09-09.
- ↑ "Tåg". Dorotea kommun (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2023. Consultado o 2022-09-09.
