Bollnäs é un municipio sueco (kommun) do condado de Gävleborg.[1] A súa capital é a cidade de Bollnäs, situada na parte central do concello.
Ao longo do municipio o terreo está en gran parte quebrado, sendo este feito máis evidente na parte occidental que na oriental. As alturas están cubertas de bosque, mentr4s que as terras de cultivo e pastoreo atópanse principalmente nos sistemas fluviais dos ríos Ljusnan e Voxnan. O sector servizos domina a economía local.
O número de veciños mantívose relativamente estable dende a constitución do municipio en 1971. En decembro de 2024 vivían en Bollnäs 26 243 persoas.[2]