Concello de Alvesta
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | Condado de Kronoberg | ||||
| Capital | Alvesta (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 19.760 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 1.074,45 km² | ||||
| Altitude | 161 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | alvesta.se | ||||
Alvesta é un municipio sueco (kommun) no condado de Kronoberg.[1] A súa capital é a localidade de Alvesta. En decembro de 2024 o concello tiña unha poboación de 19 830 habitantes.[2]
Historia administrativa
[editar | editar a fonte]A área do municipio correspóndese ás parroquias (socken) de Aringsås, Blädinge, Hjortsberga, Härlöv, Kvenneberga, Lekaryd, Mistelås, Moheda, Skatelöv, Slätthög, Vislanda e Västra Torsås. Coa reforma municipal de 1862 formáronse nesas parroquias municipios rurais (landskommun) co nome correspondente.
Existiron as seguintes comunidades municipais: Alvesta 1898 - 1944, Vislanda 1914 - 1962, e Moheda 1947 - 1954.
En 1945 reformouse o municipio rural de Aringsås no köping de Alvesta. Coa reforma municipal de 1952 formáronse varios municipios importantes na zona: Hjortsberga (dos anteriores municipios de Hjortsberga e Kvenneberga), Moheda (de Mistelås, Moheda, Ormesberga, Slätthög e Ör) e Vislanda (de Blädinge e Vislanda). Os municipios rurais de Härlöv e Lekaryd fusionáronse simultaneamente co köping de Alvesta, mentres que os concellos rurais de Skatelöv e Västra Torsås permaneceron sen cambios.
1963 incorporouse o municipio rural de Hjortsberga no köping de Alvesta.
O municipio de Alvesta fundouse coa reforma municipal de 1971 do köping de Alvesta, os concellos rurais de Skatelöv, Vislanda e Västra Torsås , así como partes do municipio rural de Moheda (as parroquias de Mistelås, Moheda e Slätthög).[3]
O municipio está incluído dende a súa formación no partido xudicial de Växjö.[4]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello limita ao leste co concello de Växjö, ao sueste co de Tingsryd, ao suroeste co de Älmhult, e ao oeste co de Ljungby, todos en Kronoberg, e ao norte cos concellos de Värnamo e Sävsjö no condado de Jönköping.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". Statistiska centralbyrån. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-06.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-15.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Elsa Trolle Önnerfors: Domsagohistorik - Alingsås tingsrätt (del av Riksantikvarieämbetets Tings- och rådhusinventeringen 1996-2007)". Consultado o 7 de agosto de 2022.
