Concello de Örebro
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | Condado de Örebro | ||||
| Capital | Örebro | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 160.687 (2025) | ||||
| Lingua oficial | lingua sueca lingua finesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 1.620,61 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
| Sucedido por | Lekeberg | ||||
Evento clave
| |||||
| Organización política | |||||
| Membro de | |||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | orebro.se | ||||
Örebro é un concello no condado de Örebro. A súa capital é a cidade de Örebro, que tamén é a capital do condado.
A chaira de Närkeslätten con terras de cultivo esténdese ao redor do lago Hjälmar e a capital. No norte, a paisaxe transita cara a rexión de Bergslag, e o substrato contén rochas máis antigas que conteñen minerais. Ao oeste, unha escarpada falla crea un límite nítido coa zona de chaira. A cidade de Örebro adoita asociarse coa fabricación de zapatos e galletas. Porén, estas industrias xa non existen no municipio. Pola contra, a economíal local está dominada polo sector servizos.
Dende a fundación co concello en 1971 a tendencia de poboación vén sendo positiva, e en 2024 o municipio tiña 160 140 habtantes.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Örebro está situado na parte central e oriental da provincia histórica de Närke, agás o seu extremo norte, o distrito de Ervala, que está en Västmanland. O municipio está na beira occidental do lago Hjälmar onde desemboca o río Svartån dende o oeste. Ao leste Örebro limita co concello de Arboga, no condado de Västmanland, co de Vingåker, en Södermanland, e co de Finspång en Östergötland. Ao suroeste limita cos concellos de Hallsberg, Kumla, Lekeberg e Karlskoga, e ao cos de Nora e Lindesberg, todos no condado de Örebro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-02-28.
